sábado, 27 de marzo de 2021

Fin de trimestre💪🏻👏🏻👏🏻!

 E chegou o día...quen nos ía dicir a tod@s que cando empezamos este curso 2020-2021 plagado de incertidume, de moitas dúbidas e con tantos e tantos cambios, chegariamos ata aqui...

Pois si, rematando o segundo trimestre, coma valentes, coma campios e campioas, toda a comunidade educativa que formamos a gran familia do Monte Baliño, fixemos que fora posible camiñar ata aqui, con alegría diaria de vir ao cole, de aprender, de xuntarnos sen xuntarnos...de convivir con iste virus, que non foi quen de mandarnos para casa!

Grazas a tod@s, o traballo en equipo fai que todo isto siga sendo posible!

Agora a descansar e gozar das vacacións para coller forza para o último impulso!💪🏻⭐️

Aquí quedan fotiños do último día de treimestre que celebramos o Purple day, e adiantamos unha pequena actividade para conmemorar o día 2 de abril, o día do libro infantil!




Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Bos días! Para rematar este trimestre as nosas mochilas viaxeiras de infantil visotaron a casiña de Iago, que con todos os libros que habìa nela, vainos dicindo cal lle gustou màis!

Grazas Iago e familia!🎒🌈⭐️





viernes, 26 de marzo de 2021

26 de Marzo

 Hoxe no Monte Baliño tornamos en violeta, como mostra de apoio e visibilización do día da Epilepsia, nós crecemos xunt@s, aprendemos xunto@s e sobretodo entendemos que tod@s somos mellores sempre que estemos xunt@s!

O noso purple day!!!💜🌍🌟



Cachito⭐️💜

 Hoxe non é un venres calquera...hoxe 26 de Marzo é un día para visibilizar a todas esas persoas e familias que día a día conviven coa epilepsia, esas e eses valentes que nos ensinan que as pedriñas do camiño, están para saltalas!

Eli e a súa familia son un exemplo de enerxía, de amor e de forza, hoxe neste video tan especial, vainos a contar dun xeito moi doado que é a epilepsia e en que consiste.

Ademáis, ten unha sopresa preciosa en forma de conto, que ela mesma nos vai a contar, e que con todo o seu agarimo regalou para a biblioteca do cole...que sorte temos!👏🏻👏🏻👏🏻🌈

Moitísimas grazas Eli e familia dende tod@s os peques e maiores do Monte Baliño!🌈

Cachito de Mike Bonales.📚💜



martes, 23 de marzo de 2021

Purple day

O 26 de marzo celébrase o día da concienciación da Epilepsia, a finalidade deste día é disipar os mitos e temores comúns deste trastorno neurolóxico.

A epilepsia é un desorde neurolóxico que provoca ataques recurrentes. Non é un problema psicolóxico, non é unha enfermidade mental, só que existen no cerebro miles de neuronas que transmiten información, cando estas neuronas teñen unha actividade excesiva e repentina, altera a actividade normal e pódese sufrir unha crisis epilética.

O obxectivo deste día e sensiblizar e coñecer un pouco máis a epilepsia e apoiar as persoas e familias que poden padecer ou padecen este trastorno neurolóxico.

Dende o Ceip Monte Baliño sumámonos a esta inciativa tan bonita, crecendo no amor, no respecto, na tolerancia, no coñecemento, nos coidados e axuda mútua, hoxe somos VIOLETAS, ánimo guerreir@s!





Coñecendo a “Yellowbot”🤖👏🏻👏🏻

 Hoxe o alumnado de infantil desfrutou dunha clase moi especial...

Aproveitando o bo tempo, saímos ó patio, alí a profe Cris ensinoulles a maxia e a motivación que produce traballar con robótica!

Este ano é o noso primeiro contacto con estes aparelliños, pero está claro que estamos tod@s encantad@s, e os pequenos e pequenas...aínda máis!

Aqui vai unha oequena reportaxe dos nosos bots, que...teñen vida!



domingo, 21 de marzo de 2021

8 de Marzo

 Durante a semana do 8 de marzo fixéronse moitas actividades diferentes dende as titorías e dende as diferentes especialidades, aquí vos deixamos unha pequeniña mostra de cada unha delas.

Todos os días son 8 de marzo!

 

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...