jueves, 26 de abril de 2018

Día do libro

  O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
            No noso cole celebrámonolo facendo un mercadillo de libros, e dicir, intercambiando o noso libro favorito cos compañeiros. Ademais desto, faxemos un teatrillo no cal cada curso preparou a súa obra favorita.



jueves, 12 de abril de 2018

Ciencia na escola

    O dia 14 de marzo de 2018 viñeron unhas persoas que nos ensinaron moitos experimentos . Uns nos ensinaron como se fai un tornado en miniatura , pel de serpe , cabaliños de mar disecados, tamén esponxas de mar, moitos bichos como os escorpións, bicho pau ,espiner una pulseira de imán e etc...
    Todos dimos un 10 menos un neno que deu un 9 .
    Quitamonos unha foto con éte que era moi feo.Regalaron unha bote que tiña un submarino e o apertamos e baixaba o fondo da botella .
    Foi o dia en que morreu un famoso científico chamado Stephen hawking . Que tiña unha enfermidade pola que tiña que morrer ós 20 anos e morreu aos 76.


viernes, 6 de abril de 2018

Semana da prensa

 Na sema da prensa ,  fixemos traballos do dia da muller que consistía , en coller noticias feministas e facer un mural con elas . O 8 de marzo e día da muller traballadora. Ese dia vai en contra o machismo , as   violación sexuais, os abusos , bulling ,etc .Moitas mulleres aproveitan ese día para facer manifestacións.  Moita xente  cree que debe ser moi triste para as mulleres que sofren machismo . A  xente que sofre esa situación  non lle parecerá  ben que haxa tanto       violacións no mundo. Normalmente as mulleres fan as tarefas da casa pero aínda así os homes tamén poderían colaborar algo.   Nos as mulleres non queremos ser mellores nin  peores  solo queremos ter os mesmos dereitos cos homes .Parecera difícil crer que nalgúns países as mulleres so poden coidar os seus fillos ,limpar e cociñar .

miércoles, 4 de abril de 2018

Saída do colexio

 Se non vos acordades ben? O dÍa 9 de marzo, o día despois do Día da Muller fomos ao Museo do Ferrocarril en Monforte, onde visitamos moitos trens restaurados e un tanque, onde vimos unha gran maqueta e onde montamos nun tren. Ao finalizar a visita fomos en autobús ao Centro de Información á Muller onde coincidimos con outros colexios da comarca de Lemos. Aí foi onde vimos o libro dedicado a Balbina López Somoza, no que participou a nosa compañeira e amiga Cristina, que gañou o premio e o seu debuxo esta no libro.Un día xenial!!!

martes, 27 de febrero de 2018

Día de Rosalia

               Co motivo da celebración do nacemento de Rosalia, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Monte Baliño quixemos por o noso grao de area.Ca axuda dos fondos bibliográficos da biblioteca buscamos cada un o noso poema favorito. Dando como resultado...




https://youtu.be/bUdCswhjuyo

miércoles, 14 de febrero de 2018

Entroido

Con motivo do Entroido, dende a biblio quixemos colaborar nesta festividade. Así os nenos e nenas fixeron unha labor de busca de información sobre o seu cadro  a través dos fondos bibliográficos da biblioteca.


miércoles, 7 de febrero de 2018

Día da Ilustración

     Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un autor histórico galego. O protagonista de 2018 é Camilo Díaz Baliño.
                No cole quixémolo celebrar... para iso contamos ca axuda dun obradoiro a cargo de Dani Viétez e Iria Iglesias. (www.danieiria.com)

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...