martes, 5 de marzo de 2024

Plan director!

 Este ano dentro do Plan director temos a sorte de poder recibir unha serie de charlas informativas sobre os riscos de internet e a adiación aos videoxogos!

O outro día tivenos unha formación moi valiosa na que o alumnado de quinto e sexto e algunhas que se puideron acercar, recibiron sobre os videoxogos, uso e abuso dos mesmos, riscos, etc…

Moi agradecid@s por contar ca posibilidade de acceder a esta información dun xeito máis seguro e san!




domingo, 25 de febrero de 2024

Estampación de camisetas de Rosalía

 O día da nosa gran escritora galega, Rosalía de Castro, no Baliño, deunos para moitas actividades.

Cada neno ou nena realizou un debuxo empregando diferentes técnicas e métodos (por exemplo, os de 5º e 6º usando o Inskape modificaron e decoraron imaxes e textos da autora). Unha vez todos feitos, escaneámolos e imprimímolos en papel transfer para roupa. 

Trouxemos camisetas lisas, de cores claros e basándonos nos obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, démoslles unha nova vida: estampámolas usando a prancha.

Unha actividade enmarcada nos proxectos nos que participamos de Biblioteca Creativa, Plan Innova e Polos Creativos.

Púxemolas no cole, fixémonos fotos e levámolas para as nosas casiñas, para lucir orgullos@s cando nos pete.

Mirade que FERMOSAS quedaron!



sábado, 24 de febrero de 2024

Día de Rosalía

 Hoxe celebrMos dun xeito moi especial o día de Rosalía no noso cole, xuntando varios dos nosos proxectos, quixemos homenaxear a autora cunha merenda saudable que convertemos en corazóns e utilizamos uns versos moi especias de Rosalía para darlle forma a esta actividade.

Despois tod@s xunt@s no recreo amenizado por música galega, Rosalía pequeniña, de Uxía, degustamos esta especial merenda literaria!



jueves, 22 de febrero de 2024

Concurso!

 Hoxe algún alumnado voluntario do noso cole do curso de sexto participou no concurso de Radio Voz, O Ecopreguntoiro!

A experiencia foi xenial! Traballamos en equipo, descubrimos cousas sobre a natureza e o mundo que nos rodea, pero sobretodo gozamos da expriencia!

Noraboa aos participantes pola valentía, o saber estar e pola participación! Máis que orgullos@s de vós!




Entroido 2024

 Ainda que a chuvia non nos deixou desfrutar do desfile ata a praza…no Monte Baliño celebramos igual o noso Entroido!

Fixemos un pequeno paseo polo cole cada grupo lucindo os ses traxes relacionados co noso PDI, asi mostramos oficios da nosa provincia de Lugo.

Despois xunto cas familias que se acercaron, desfrutamos dunha chocolatada e de degustación de sobremesas de Entroido.

Ao rematar xogamos a moitas cousas grazas a animación que correu por conta do concello.

Máis tarde comemos un bo menú de tempada, cocido! E á tarde para rematar a xornada festiva gozamos do noso particular karaoke!

De hoxe nun anon entroidiño querido!



lunes, 19 de febrero de 2024

Green Bot e os seus retos lectores

 Na aula de PT un grupiño de alumn@s realizou unha actividade co noso querido Green Bot (o cal está pendente de pasar polo "mecánic@" xa que nos está dando fallos).

A tarefa, de novo, estaba relacionada coa lectoescritura (trabalinguas, formar palabras, ordear oracións, seguir instruccións...). 

Consistía en tirar un dado, contar e localizar a tarxeta que levaba o número correspondente e a continuación, programar a Green Bot para chegar no menor número de movementos posible.

Ao chegar á casilla, tiñamos que ler o que poñía e solucionar o que nos pedían.

Repetirémolo porque quedóusenos curtiña a sesión e o alumnado disfrutou moito.










sábado, 17 de febrero de 2024

Comadres 2024

 Houbo que esperar que o tempo nos acompañase pero por fin puidemos correr as comadres, como sempre fomos a pasar unha xornada moi especial ao centro de día cos nosos amigos, despois gardamos as mecas para correlas á volta de Entroido, xa que a climatoloxía nonolo permitira…

Non obstante pasámolo en grande igual!


Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...