Como cada ano o día 17 de maio celebramos por todo o alto a nosa cultura, as nosas letras e tradicións, e dende o Monte Baliño queremos convidarvos a un festival que o nosos alumnado está preparando para esta data tan sinalada!
Levarase a cabo na Casa da Cultura de Ferreira de Pantón o día 16 de maio a partir das 11:00 da mañá, estaremos encantad@s de contar coa vosa presenza!
O alumnado foi traendo durante toda esta semana libros que xa leran para intercambiar por outros que pudieran prometerllea novas e fascinantes aventuras!!!
O venres, para pechar a nosa semana do libro, baixamos a realizar a “compra” dunha historia nova!!!
Para dar por finalizada a nosa intensa e completa celebración da Semana do Libro no Baliño, que mellor maneira que a última proposta de actividade. Unha combinación de LECTURA máis ALIMENTACIÓN!
A rapazada do Baliño, elixiron- debuxos e fragmentos dos seus libros favoritos, frases sobre a lectura, refráns ou poemas...que escribiron e decoraron de "puño e letra" para posteriormente espetalo nuns canapés que eles e elas mesmos realizaron cos seus grupos e profesorado nas diferentes aulas. Houbo un montón de variedade:
canapés de queixo, arandos, framboesas e amorodos.
canapés de queixo, noces e mel
canapés de queixo, kiwi e amorodos
canapés de queixo e aguacate.
Unha proposta deliciosamente productivapara fomentar o gusto pola lectura e culminar unhas xornadas adicadas aos libros. Todas e todos os membros da nosa pequena escola puidemos disfrutar da degustación no tempo de lecer deste último venres do mes de abril.
Hoxe os nosos e as nosas intrépidas entrevistadoras achegáronse a Pantón con gravadora en man para pescudar información sobre o noso cole, que como xa sabedes, está de aniversario!
Foi moi divertido e sobretodo aprendemos moitas cousas de como o Ceip Monte Baliño foi cambiando ao longo destes 50 anos!!!
Grazas a todoa a xente que con moito agarimo atendeu e contestou as nosas preguntas!!!
Non se pode celebrar de mellor maneira o día do libro, que presentando un!
Asi foi, hoxe Iria e Dani, achegáronse ao cole a presentarnos o seu novo libro, que por certo xa nos fixeron chegar a Biblio Baliño, “Mitos e lendas da Ribeira Sacra”.
Sempre é un pracer escoitarvos e máis hoxe, con este novo proxecto que desexamos que teña unha gran acollida, a nós encántanos!
Hoxe no noso momento de lectura diaria, baixamos a compartir letras e aventuras cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, de tal xeito que todo o alumnado gozou dunha historia contada por outro compi, que sempre saben mellor!