O alumnado de primeiro e segundo dentro da hora de Proxecto curricular, realizaron unha actividade moi especial, coa axuda dun acetato debuxaron unha historia, despois utilizando a mesa de luz, crearon de maneira espontánea un conto cooperativo, no que as diferentes viñetas se ían comoletando dentro dunha mesma historia!
lunes, 13 de febrero de 2023
Compadres 2023
Ai que ledicia temos desta vez!
Este ano puidemos retomar de novo as actividades cos amigos e amigas do centro de día, que ledicia, que emoción, que bonito ver convivir as diferentes xeracións de novo!
Fomos cas alumnas do cole, como manda a tradición, a facer os compadres na maña do mércores, o xoves fíxose no cole o esperado roubo e destrozo dos mesmos, so dous acabaron sendo indultados!
Moitas grazas ao persoal do Centro de día e as súas usuarias por tratarnos tan ben e facernos pasar un rato tan bonito!
viernes, 10 de febrero de 2023
Mandadiños de Lerín
Chega o Entroido! Como nos presta!!!
Aqui chega Lerín coas súas suxerencias, que tramaría este ano….
O único que sabemos e que cada día non podemos esquecer o do día anterior…
Asi que o luns comeza a festa!
jueves, 2 de febrero de 2023
As nosas mensaxes de paz!
Neste vídeo recollemos unha serie de mensaxes de paz preicosos, que o noso alumnado e as súas familias nos fixeron chegar através dunha iniciativa plantexada polo equipo de biblioteca.
Moitas grazas a tod@s por participar, seguro que con estas ideas que nos plantexan @s pequech@s chegaremos a un mundo moito mellor!
miércoles, 1 de febrero de 2023
50 anos…
Algo se anda cocendo no cole…co gallo do aniversario dos 50 anos do Monte Baliño, a cativada de cuarto e sexto anda entre tecnoloxías preparando algunha cousiña…
30 de Xaneiro de 2023
Este ano, coma todos os demais días, celebramos e conmemoramos o día da Paz e da Non Violencia!
Fixemos moitas actividades, pero neste pequeno vídeo recollemos unha escolma, do Noso carballo de Paz, da carreira solidaria que xa vai polo cuarto ano e a solta de pombas, tradición de cada curso neste 30 de Xaneiro!
Mochilas viaxeiras
Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...
-
CHEGOU O ENTROIDO!!!!!! Ala anda o noso Lerín facendo das súas! Aei que escoitai ben a ver que nos manda traer cada día, este pillabán... A...
-
Durante esta pasada semana tivemos diferentes iniciativas relacionadas co 23 de Abril, Día do libro. Unha delas é as “Lecturas compartidas”...



