martes, 8 de febrero de 2022

Mochilas viaxeiras📚🎒🌈

 Hoxe temos ración dobre!

As mochilas visitaron as casiñas dos nosos pequenos de infantil, e mándannos estes vídeos tan chulos que nos explican que ben o pasaron lendo e gozando dos contidos das mochilas!

Grazas Jesus e grazas Iago, e como non, as súas familias!👏🏻👏🏻




jueves, 3 de febrero de 2022

Mochilas viaxeiras🎒🌈📚

 Alexandra de cuarto déixanos este video tan chulo, explícanos perfectamente cada un dos libros que ían na mochila, que ben fala!

Grazas Alexandra e familia!👏🏻🎒🌈



lunes, 31 de enero de 2022

Día da Paz🕊👏🏻🌈

 E de novo outra edición da nosa carreira solidaria da Paz!

O alumnado e profesorado, despois da tradicional solta de pombas, quentou motores e pasarono en grande correndo en equipo co único e máis importante premio da SOLIDARIDADE!

Lembrai que ata o día 4 aínda se pode traer o material escolar!

Moitas grazas!🕊





domingo, 30 de enero de 2022

Ilustracións en biblio Baliño

 Non podemos estar máis content@s!

Despois de varios días de traballo e adicación de varias persoas voluntarias da nosa comunidsde educativa, aqui está o resultado de como quedaron as paredes da nosa biblio!

Aue marabiila, que ledicia, que maneira de cambiar todo, que sorpresa levou a cativada cando o descubriron.

Mil grazas polo tempo, amor e cariño que puxestes neste proxecto, no Ceip Monte Baliño traballamos e criamos en familia!








viernes, 28 de enero de 2022

Semana da Paz

Rematamos a semana con esta proposta tan bonita e especial do alumnado de 3 aniños, que axudados do libro "Imagine" de Jhon Lennon e canción do mesmo autor, cóntannos que bonito sería imaxinar un mundo de paz e amor!

Que traballo tan bonito, grazas compis!



jueves, 27 de enero de 2022

Semana da Paz

 E seguemos avanzando na nosa semana máis pacífica do ano, sen esquecef que todos os días debemos lembrar o importante que é vivir en calma e respecto con todas as persoas que nos rodean!

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto dannos unha lección de como ver a paz, como conseguila, seguindo unhas pegadas de amor e empatía!

Que bo traballo compañeir@s!





miércoles, 26 de enero de 2022

Mandadiños de Lerín

 Estamos xa moi nerviosos e nerviosas por estrenar os nosos traxes eh!

Pero o que máis nos gusto ainda está por chegar…escoitai ben a Lerín que para o XOVES trae unha sorpresa ben grende!🪅🤡


Xoves de CEIP Monte Baliño

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...