miércoles, 17 de noviembre de 2021

O noso Magosto

 No Monte Baliño investigamos sobre o Magosto, a súa orixe, a das castañas para esta festividade, e tamén, como non, aprendemos cantigas destas datas, axudad@s da páxina web, https://galiciaencantada.com/!

Despois, todas e todos xuntos, cos nosos grupos de convivencia, pasámolo pipa, celebrando esta data tan divertida, con un menú especial e con moitos xogos e actividades relacionadas con esta festa!

Viva o magostiño, no Monte Baliño!



O Magosto de CEIP Monte Baliño

jueves, 11 de noviembre de 2021

Senda micolóxica🍄🍁🍂

 Esta semana fixemos  unha actividade moi especial, saimos ao monte a coñecer, aprender e buscar setas!

Grasas a Iván, pai dun dos nosos alumnos, pasamos unha mañá estupenda, paseando, descubrindo e sobretodo aprendendo a diferenciar algunhas especies de setas!🍄🍄🍄

Que bonito se pon o monte en outono, cantas cores! Aínda que tamén atopamos algúns resíduos e materias que non deberían andar polos nosos bosques...así que aproveitamos, e con moito coidado levémolos ó lixo!

Grazas Iván, polo ten saber contar e a túa paciencia!🍁🍂🍄



 




miércoles, 10 de noviembre de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Hoxe temos un vídeo moi especial! Miro de infantil recibiu a mochila viaxeira, e a súa irmá Victoria, axúdalle a contar as cousiñas que máis lle gustaron! Que ben están os dous!

Moitas grazas familias!



Mes da ciencia en galego!

 Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego e relacionado no noso proxecto do cine, tivemos de novo a visita duns talleres moi especiais!

Os nosos pequenos e pequenas descubriron os hologramas, e construiron o seu propio “Taumátropo”, ademais de aprender a utilizalo!👏🏻👏🏻

Os máis maiores tamén experimentaron con determinados aspectos da ciencia e o cine, e construiron os seus “Discos de Newton”.

Como mola a ciencia na escola!






Día das escritoras e día das bibliotecas

 Xunto co Colectivo Lemos Le, preparamos unha chea de actividades para conmemorar dúas datas tan sinaladas como o día das escritoras e o día das bibliotecas!

Un marabilloso traballo en equipo, e aqui podedes ver o resultado!

http://lemosle.blogspot.com/2021/10/dia-da-biblioteca-2021.html

http://lemosle.blogspot.com/2021/11/dia-das-escritoras-2021-olga-novo.html


martes, 9 de noviembre de 2021

Lema da Biblio

 Xa temos lema para a nosa biblio!!!!

Martina alumna de cuarto de primaria, deixounos estas palabras tan bonitas, nas que se recolle a esencia da nosa biblio, da nosa mascota e do noso lugar máis especial do cole!!

Grazas Martina!





sábado, 6 de noviembre de 2021

Mochilas viaxeiras 🎒🌈📚

 Cantas cousiñas nos contan estes pequen@s!

As mochilas viaxeiras seguen a visitar as casas do noso alumnado e fannos chegar estes videos sobre o que encontraron dentro delas.

Hoxe chegan Thiago de segundo, Mateo de terceiro e Samuel de infantil que nos contan as súas impresións!

Moitas grazas familias!🎒🌈








Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...