miércoles, 9 de junio de 2021

Rematando mobles!

 @s nos@s biblioaxudantes seguen preparando a biblio e montando mobles en equipo!!

Que bonita vai quedar!👏👏👏



lunes, 7 de junio de 2021

Faladurías en galego

 Este ano para celebrar as letras galegas, contamos coa axuda duns reporteiros e reporteiras moi especiais, que con moito tino e moito arte nos presentaron todas as actividades aue se realizaron durante esta semana de maio, tan importante para a nosa cultura!

Faladorías en galego, é un espazo moi peculiar, que nos levará de viaxe pola vida de Xela Arias, das súas vivenzas, obras e demais aspectos relavantes da súa vida, ao mesmo tempo que conta coa programación de diversos actos de achega a cultura galega!

Moitas grazas rapaces, rapazas e profesorado, que programa tan xenial fixemos! De hoxe, nun ano!


domingo, 30 de mayo de 2021

Escornabots saudables!🤖

 Unha forma divertida de traballar a linguaxe e a adquisición de novo vocabulario, é facelo utilizando os escornabots.

Na sesión de estimulación da linguaxe na aula de infantil recibimos a visita de Bluebot.

O xogo que nos propuxo consistía en lanzar un dado xigante, que tiña árbores froiteiras, dependendo o que tocase había que asocialo a unha froita do taboleiro.

Bluebot moveuse con moita soltura, vai mellorando!

Por cada acerto o alumnado recibía un “escornapunto”…CONTINUARÁ!




Mochilas viaxeiras🌈🎒

 Para esta fin de semana temos a Fiz, un dos nosos pequenos de infantil, que ten moi claro que libros da mochila viaxeira lle gustaron máis, cal lle gustou menos e cales lle gustaron igual, jejejej!

Moitas grazas Fiz e familia!🎒🌈⭐️



miércoles, 26 de mayo de 2021

Letras galegas 2021

 Xela Arias escribiu “Tigres como caballos”, en 1990, dentro desta obra atopábase un poema chamado “Indecisión”, que se traballou dentro das aulas, e escolléronse uns versos, que foron os que inspiraron esta actividade conxunta de busca, creatividade, emocións e ledicia.

O nosos alumnado aproveitando un xogo de descubremento da natureza que levan a cabo durante os recreos, buscar pedriñas e tesouros, elexiron unha, que pintaron e marcaron cun nome especial…

Hoxe esta montaña de pedras amadas, decora o noso patio!

“Vas poñer pedras sobres pedras, e sobre as pedras un nome amado”.



martes, 25 de mayo de 2021

As nosas palabras

 Como xa sabedes,o noso Lerín que lle gustan moito os retos, propuxonos un para conmemorar o Día das Letras Galegas!

As familias e o noso alumnado achegaron moitas palabras bonitas, compostas por diferentes elementos da natureza e outros obxectos, que ideas tan bonitas!

Moitas grazas unha vez, por participar!!!

Aquí vai o resultado!! Vivan as nosas verbas! 


 

 

lunes, 24 de mayo de 2021

Rematando primaria💫


 O alumnado de sexto visitou a semana pasada o Ies A Pinguela, xa que pouco a pouco o curso remata, estes e estas rapazas van che@s de ilusión a coñecer o lugar no que pasaràn os próximos anos da súa vida de aprendizaxes!

Cantas ilusións e cantos proxectos por facer!!!

A seguir camiñando!!💪🏻🥰





Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...