domingo, 7 de marzo de 2021

8 de marzo

 Esta semana conmemoramos unha data moi importante e especial na loita pola igualdade, polo respecto e recoñecemento cara a figura das mulleres, hoxe e cada un dos días deben ser 8 de marzo, sen discriminicación, sen diferenciación por ningún tipo de cuestión, porque un mundo igualitario é un mundo máis xusto e mellor!

Comezamos a semana coas recomendacións que nos fai Lerín!



Premios de Entroido🤖🤡👺

 Aínda que se nos botou o tempo encima, xa que as puntuacións estiveron moi axustadas, a semana pasada entregamos os premios ós gañadores e gañadoras dos premios do deseño de tapabocas de Entroido.

Moitas grazas por participar a tod@s, e noraboa ós premiados e premiadas!



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Que mellor tempo que a fin de semana para desfrutar da lectura? Pois aqui temos a Martín de infantil, que no sabe decidir aue libro lle gustou máis, aínda que parece que ao final os cómics deben ser os que máis lle prestan!

Grazas Martín e familia!🎒🌈



viernes, 5 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Esta semana a mochila de quinto e sexto visitou a casa de Claudia, alumna de quinto, que con moito xenio nos conta que libros había nela e cales lle gustaron máis ou menos!

Grazas Claudia e familia!



jueves, 4 de marzo de 2021

Semana de Rosalía

Durante a última semana de Febreiro, estivemos realizando diferentes actividades relacionadas coa figura de Rosalía de Castro, xa que o día 24 de Febreiro se celebra o seu día!

As actividades durante estes días foron moi variadas, sempre tendo como fío conductor traballar e afondar no coñecemento da figura de Rosalía.

 Dende o área de Educación Física e aproveitando o traballo realizado nestes momentos con relación á coordinación óculo-manula, ritmo e percusión corporal, através de poemas de Rosalía musicados ou cancións sobre ela.

O alumnado de quinto e sexto preparou un poema da escritora, na que uns aprenderon a recitar e os outros compañeiros e compañeiras apoiaron con linguaxe de signos.

O alumnado de primeiro e segundo realizou un pequeno libriño, recollida a idea das redes, @amestracris, sobre a vida da autora, ao mesmo tempo que aprenderon un poema e recitárono con moito xeito cunha música de fondo de Carlos Núñez, Os gaiteiros da noite.

E os nosos pequenos e pequenas, adaptaron a Rosalía a situación epidemiolóxica que estamos vivindo, decorando a súa foto, recollida a través de internet, con uns tapabocas moi orixinais.

Aqui vos deixamos un resumo de toda esta semaniña!

 

martes, 2 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Jimena de segundo xa ten de novo a mochila viaxeiras, de esta volta os libros eran diferentes, a ver a ver que nos conta...

Moitas grazas Jimena e familia!



Escornabots!

 E por fín os nosos tecnolóxicos e tecnolóxicas remataron de montar os escornabots, hoxe presentamosvos aos dous aue nos faltaban e que pouco a pouco e con moito coidado e limpeza constante de mans e ferramentas, fomos montando! 🤖🤖🤖🤖👏🏻👏🏻👏🏻




Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...