Seguimos coa nosa semana de contos e historias de Paz, cheas de sabedoría e leccións moi importantes que nos fan reflexionar...
Grazas
Seguimos coa nosa semana de contos e historias de Paz, cheas de sabedoría e leccións moi importantes que nos fan reflexionar...
Grazas
Seguen as nosas mochilas visitando as casiñas e ensinándonos moitas cousas!
Fiz, con moito xeito, explícanos que cousas chulas ían na mochila, e xa nos deixou claro que o inlgés...jijijij!
Moitas grazas Fiz a familia!🌈🎒🥰
Seguimos ca segunda historia con mensaxe, moi ben contada!
Moitas grazas chic@s!
Os nosos e as nosas biblioaxudantes deixannos estes contos que buscaron pola rede, traduciron e reinterpretaron, aquí tedes o resultado!
Que ben contan!
Voltamos coas nosas mochilas viaxeiras que xa andan nesto 2021 percorrendo as casiñas dos nosos alumnos e alumnas.
Hoxe Xena de catro anos, explicanos o importante que é ler e o que lle gustaron os libros que levaba a mochila viaxeira!
Moitas grazas Xena e familia!🌈⭐️
Este ano para celebrar o Día Mundial da Paz e da non Violencia, que se data a 30 de Xaneiro, imos a propoñervos un concurso de fotografía!
Como andades de obxectivos? de cámaras? de ideas e creatividade xa sabemos que ides moi che@s...
A proposta é moi sinxela, todas e todos temos lugares, persoas, momentos, mascotas,...é dicir, cousas que nos fan sentir calma, tranquilidade e PAZ.
Teredes que enviar unha foto na que se plasme iso, algo que para vós sexa VER PAZ!
Enviadelo ao mail da biblioteca que aparece no cartaz, co voso nome e curso, e un TÍTULO para a fotografía!
Con todas elas faremos unha exposición e observaremos moitas posibilidades e circunstancias nas que a PAZ nos rodea e nos enche profundamente!
Ánimo a participar tod@s! 💓
Comezamos o ano montando aos nosos robots, hoxe tocoulle o turno ao alumnado de cuarto, que seguindo todas as medidas de hixiene pertinentes, empezaron a montar a “Yellow-bot”, aínda nos queda un pouquiño para rematar!!
Como nos gusta “fedellar” coa tecnoloxía!🤖🤖🤖👾👾👾
Esta semanas a nosa cativada contou cunhas sorpresas medorentas no noso momento de lectura… Un amazing tale, uns esqueletes moi divertidos,...