jueves, 16 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celébrase o Día do libro!
Este ano dende o equipo de Biblio-Baliño, animámosvos a encher o blog de contos, que vós parece?
Cada neno, nena, familia...como queirades, que queira, poderá enviarnos un video, un audio, ou un conto escrito, para que despois teñamos unha "Super biblio en rede" e que cada un e unha dende a súa casiña poida disfrutar dun conto que nos leve a lugares marabillosos e fantásticos!
Aqui vós deixamos o primeiro contado pola nosa Profe Laura!
MARILUNA
De Ana Torttosa e Nicoletta Tomás.
Editorial: REPÚBLICA KUKUDRULU.
Música: Yann Tiersen

MI CASA ES UN CASTILLO

Bos días!
Hoxe traemo sunha proposta da nosa orientadora Silvia, que nos deixa este conto tan chuli para organizarnos nos nosos particulares castelos, durantes estes días!
Desexamos que vos guste!

martes, 14 de abril de 2020

RETOS

Queridas familias!!!
Voltamos de vacacións con moitas enerxías renovadas e con moitas ganiñas de vervos!
Pero...sabades que cada vez queda menos?
Aqui vos deixamos un super RETO que nos enviou unha familia!
Moitísimas grazas familias polos vosos videos tan chachis!

Estes foron os resultados...ANIMÁDESVOS??



Manualidades

E volta de vacacións...agora toca volver un pouquiño a rutina!
Sabedes ben que na Biblio-Baliño sempre hai actividades creativas e talleres de manualidades, asi que aqui vos deixamos para ir empezando...algunhas ideas para facer con material de refugallo, neste caso Plástico!
Esperamos que vos guste!!!🌈🌈🌈🌈🌈

viernes, 10 de abril de 2020

Mandalas

Hoxe toca creatividade e expresión plástica!!! Como nos gustan as mandalas...pois Lerín atopou estas tan chulas que vos quere facer chegar!
A pintar!
Mandalas

miércoles, 8 de abril de 2020

Misiòn espacial

Bos días!
Hoxe toca sair o espazo a facer unha misiòn estelar!
Aqui vos deixamos un enlace no que podedes pasar un bo rato investigando e montando unha verdadeira historia de aventureir@s!
Unha apertiña!!
MISIÒN ESPACIAL

martes, 7 de abril de 2020

Còmics

Seguimos coas propostas de Lerín para estas vacaciòns!!!
Aqui quedan uns còmics que nos poden axudar a seguir viaxando a mundos icreibles sin sair da casa!
Capitán América

Spiderman

Avengers

Tin Tin

Mochilas viaxeiras

 Aqui temos ao noso compi Iago, alumno de 4º xa! Neste vídeo tan chachi cóntanos o que máis lle gustou da visita da mochila viaxeira ao seu ...