lunes, 26 de mayo de 2025

Manual musical das emocións a través da Radio na Biblio

 Hoxe visitaron a nosa escola, a nosa Raquel (botavámoste de menos) e o seu compi Noel para realizar unha formación sobre radio dirixida ao alumnado de 3º a 6º de primaria. A actividade levaba por título "Manual musical das nosas emocións a través da radio na Biblio" seguindo o fío condutor do noso PdI deste curso 2024-25 "Un monte de emocións"


Realizaron 3 actividades diferentes:

1. Que son as emocións? Fixeron unha presentación na aula sobre emocións e a radio.

2. A través dun xogo de empatía, intentaron unir cancións, ilustracións e emocións. Pasamos dende a confusión, a ira e a compaixón ate a gratitude.

3. A continuación, en grupos de 4 alumn@s, crearon a súa propia ilustración, que representara unha emoción e engadíronlle cancións (que se escoitarán no podcast da radio que con brevidade publicaremos)

4. Visitamos a obra musical de 3 artistas , fixándonos no ritmo, na musicalidade para falar das súa letras e como podemos observar o contrapunto na mesa (múscia e letras son contrarias). Desta parte e do seu análise tamén fixemos unha gravación en formato podcast para a radio do cole a que se poderá acceder unha vez editado)

A actividade realizouse ao longo de todo o día, respectando o horario da xornada escolar. 

Aprenderon moito, compartiron, reflexionaron e pasaron un día diferente no cole, empapándose de novos aprendizaxes.

Grazas Raquel e Noel polo voso traballo e por compartilo con nós!! Un pracer





viernes, 23 de mayo de 2025

Contos arredor da Terra: contos para camiñar descalza

 Hoxe o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, asistiu a unha actividade ao Concello de Pantón. Aproveitando que facía un día moi bo, despois de tantos días de chuvia dos que xa estabamos aborrecid@s, decidimos ir camiñando, un estilo moi saudable e sostible!

A actividade levaba por título "Contos arredor da Terra: contos para camiñar descalza". Alí nos esperaba Alba, que nos propuxo escoitar varios contos cantados de Romances que nos fixeron imaxinar e rir.

Lembrounos entre conto e conto, a importancia da tradición popular oral (recordándonos que este ano, as Letras Galegas se dedicaron as Cantareiras) e que FALAR GALEGO era coma falar calquera outra lingua (nin preguiza, nin medo, nin vergoña..Falemos Galego), así que nos animou a non deixala morrer.

Encantounos... rimos coas personaxes que interpretou, coas historias dos contiños e disfrutamos coa súa frescura, voz e naturalidade!

Moitas grazas Alba por conectar co noso alumnado e transmitir teatralizando e cantando tan marabillosamente ben. Grazas ao Cris do Concello de Pantón, por invitarnos a gozar da proposta. Agardamos que poidamos visitarvos máis veces!!!




jueves, 22 de mayo de 2025

Festival do DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Sabemos que o estades esperando... sabemos que vos poden as ansias... sabemos que estades expectantes...sabemos que non vos aguantades máis...!!!!!

Así que por fin temos aquí o Festival do Día das Letras Galegas do Baliño, celebrado o pasado venres 16 de maio no auditorio do Concello de Pantón.

Este ano adicado a poesía popular oral, pers0nificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeiras Santos, de Muxía e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Pruedencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Unha representación colectiva, coa que se quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade dende sempre. As mulleres foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura: tense dito que as pandeireteiras son símbolo de resistencia, apoderamento e sororidade. Cantadoras, tocadoras e bailadoras que fortalecían os vencellos comunitarios no ocio colectivo, inconscientes da súa forza emocional e política.

Grazas a todos, todas e todes por acompañarnos e facernos chegar os voso aplausos, sorrisos e agarimo... 

Puxemos toda a ilusión e esforzo que puidemos! Non podemos estar máis orgullos@s do noso alumnado. É un pracer aprender e traballar con todos e cada un deles.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

Deica pronto!



jueves, 15 de mayo de 2025

XORNADA INTERXERACIONAL COS MAIORES DO CENTRO DE DÍA

 Este mércores tivemos unha agradable e entrañable visita e xornada. Visitáronnos os maiores e coidadoras do centro de día de Ferreira.

Foi unha xornada interxeracional, na que xuntamos dúas grandes familias (previo o día real da Familia, o 15 de maio). Nesta xuntanza, realizamos diferentes actividades nas que compartimos momentos, despertamos recordos e enchemos de ledicia e agarimo o Baliño.

Reunímonos todos e todas no noso ximnasio, os maiores viñan ataviados con panos, chales, chaleques ao máis puro estilo galego, xa que tamén visibilizamos a próxima chegada do día das Letras Galegas. E falando de letras... traíannos preparada unha bonita canción que cantaron moi acompasados e alegres. 

Despois todos xuntos/as cantamos unha segunda canción que preparamos, cuns versos de Amelia Prado. Aí sí que xa o demos todo! 

Despois da troula de cantar, entregámoslles un agasallo realizado coa nosa cortadora láser para agradecer a visita e que levasen un recordiño noso, para que lembren que aquí os esperamos  e que nos gusta moito que nos acompañen.




Para rematar, repartímonos por grupos máis reducidos (eramos unha morea de xente) para rir, compartir e gozar cuns xogos populares (chapas, buxainas, bolos, sacos, lanzamento de cordas..)



Que ben o pasamos!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR E DEIXAR OS NOSOS CORAZÓNS E OS RECUNCHOS DO NOSO COLE CHEOS DE AMOR!

Esperámosvos de novo no Baliño!



viernes, 9 de mayo de 2025

VISITA Á AULA FORESTAL "OS TROLLOS"

 Este xoves 8 de maio, todo o Baliño saiu de excursión. Collemos o autobús e dirixímonos a Bóveda, para visitar a aula forestal "Os Trollos". Unha saída á natureza desas que tanto nos gustan e das que tanto gozamos. 

Unha vez alí e tras o pequeno traxecto en bus dende a nosa escoliña, repartíronnos en dous grupos para realizar a visita dun xeito máis organizado e personalizado: por un lado, alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria e por outro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Que fixemos?

Primeiro, visita a exposición onde vimos unha maqueta do espazo da aula forestal e como se atopaban os montes e zonas colindantes; atendemos a unha explicación dos diferentes apeiros de labranza que alí se atopaban; achegamento ao recoñecemento das setas aptas para alimentación e visita ao viveiro invernadoiro onde observamos as prantas que teñen: pementos, calabacíns, leitugas...

Despois, asistimos a unha demostración do funcionamento dun coche motobomba explicado por un bombeiro ben "majo" que nos contou moitas cousiñas interesantes: levan corenta mangueiras, teñen luces e sinais acústicas... Ademais deixounos probar o manexo da mangueira con axuda xa que sae con moitísima presión. Foi unha actividade moi divertida.

Para rematar, merendamos e xogamos un pouco nese espazo tan natural, onde da gusto respirar e ulir a natureza que nos rodeaba. Ademais os maiores fixeron un pequeno percorrido saudable que os levou ata unha fontiña de auga natural moi fresquiña da que gozaron para paliar a sede trala camiñata.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que participamos no cole de VOZ NATURA e tamén no plan proxecta NUTRIESCOLAS.



jueves, 1 de mayo de 2025

Andrea Micc





 No Monte Baliño temos a sorte de nos rodear de marabillosas e creativas persoas que de cando en vez nos agasallam ca súa presenza e historias!!!

Desta volta, tocoulle a Andrea Micc, unha exalumna do cole que hoxe en día é toda unha escritora de mundos imaxinarios e reais!

Encheu a nosa biblio de maxia, falándonos das súas novelas e firmando autógrafoa e libros a crianzas.

Estamos desexando ler a segunda parte de tan máxico mundo! Graza Andrea por vir e contestar con tanto agarimo a todas as nosas preguntas!


Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...