Desta volta o cola voltouse un lugar de denuncia e chamamento ás conductas inaxeitadas!
Durante toda a semana traballáronse diferentes lecturas por titorías, ao mesmo tempo que a nosa biblio patio saiu en cada recreo!
Este ano para conmemorar este día demos visibilidade aos micromachismos, un termo descoñecido que presentamos ó noso alumnado, reflexionando sobre este tema e a convivencia diaria con este tipo de praxis.
Elaboráronse carteis de stop, con consignas en contra de calquera tipo de violencia, que agora penduran polos nosos pasillos e forman parte do noso día a día!
Tamén seguimos a crear os nosos chanzos reivindicativos, con lemas que sirven para lembrarnos esta realidade na que vivimos.
Por último creamos o noso recuncho da convivencia, necesario as veces para solucionar conflictos a través da palabra e a reflexión!