sábado, 25 de mayo de 2024

Ciencia e movemento!

 Os nosos amigos de ciencia e movemento viñeron de novo a visitarnos, cunhas propostas moi especiais sobre a luz, as viñas e os efectos dos productos e reaccións químicas!

Moitas grazas coma sempre!





jueves, 23 de mayo de 2024

Formación profesorado en CORTADORA LÁSER

 O profesorado do Baliño gusta de aprender para dar as máximas posibilidades e empregar o maior e máis diverso número de recursos para motivar e aumentar o interese do alumnado.

Nesta ocasión dentro do Plan de Formación do Profesorado co itinerario de Polos Creativos e enmarcado dentro da Biblioteca Creativa, formámonos no funcionamento e deseño dun recurso ben atractivo: a CORTADORA LÁSER

A que empregamos foi de empréstito, pero estímase que para o curso que vén, mandarásenos dende a Consellería para lle poder dar os usos educativos e didácticos que a nosa creatividade ou a do alumnado nos marque.

Agradecer dende este espazo a Pablo Blanco Quiroga, profesor de tecnoloxía no IES Daviña Rei de Monforte, docente da formación recibida. Foi un pracer contar con el! Ademais de todo, tivo a deferencia de agasallarnos uns xogos de damas deseñados por el usando a cortadora láser. Dereitiños que van a formar parte da dotación de xogos de mesa da Biblio de Lerín.















lunes, 20 de mayo de 2024

Para hoxe xogos de onte!


 Polas letras galegas retomamos xogos populares do noso acervo cultural que ainda hoxe en día seguen a ser un clásico que sempre nos fai pasar un bo rato e compartir cos compañeiros e compañeiras unha xornada de festa!

Despois do noso festival, aproveitamos á tarde para practicar diferentes propostas lúdicas, por estacións e en grupos interciclos, que tanto nos presta, pasamos a tarde de xogo en xogo e de estación en estación!



viernes, 17 de mayo de 2024

Celebración da nosa cultura!

 Un ano máis o Ceip Monte Baliño celebra por todo o alto a cultura galega e a homenaxe, neste ano 2024 a autora galega Luisa Villalta, através dun percorrido pola provincia de Lugo da man do alumnado do cole, cheo de paradas con actuacións estelares para deleite de todo o público.

Grazas por acompañarnos neste día tan especial para Galicia e todos e todas os galegos!

Grazas tamén a este gran acervo musical que temos en Galicia, da man de nosvas xeracións de musicos e musicas que inspiraron as nosas actuacións.

- Terbutalina: Filloa.

-La pegatina: Lacón con grelos.

- Fillas de Casandra: Lisitrata.

Letras Galegas 2024

jueves, 16 de mayo de 2024

3ª XORNADA LITERARIA ALIMENTARIA DO CLUBE DE LECTURA "LERÍN LERÁN"






 Este luns 13 de maio, o alumnado do Clube de lectura Lerín Lerán de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" de Andrea Maceiras (Premio Anaya infantil 2022); unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.

Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.

E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.

Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.

Lerín Lerán

máis lectura

no verán.


Non me des a CHAPA!!

Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño. 
Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:

  • Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
  • Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)

Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.

Grazas a todos!



miércoles, 15 de mayo de 2024

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO

15 de maio celébrase o DÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto, con kiwis recollidos no Baliño.
Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas para decoración do agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.

Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! 
Grazas por todo o que nos dades!

Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:

INGREDIENTES:

  1. CON AZUCRE
  • 1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
  • 500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
  • 1 limón exprimido ou en metades a cocer.
  • 45 minutos de coción máis ou menos
  1. SEN AZUCRE
  • Engadimos unha culler de agave 
  • 2 mazás Fuji con pel

ELABORACIÓN:

-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.

-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.

-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.

-Cociñar durante 40 minutos.

-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.





 

 

lunes, 13 de mayo de 2024

Robótica!!!

 Esta semana tivemos una cursos super chulos e divertido!!! 

Fedellamos ca robótica, co pensamento computacional e coa creatividade do noso alumnado!

Victor e Elena ensinarnos, dende as crianzas ata as maiores como programar, construir e aprender a través da robótica e a motivación que supoñen estes materiais.



lunes, 6 de mayo de 2024

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas!

Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, que con moito agarimo e traballo estiveron ensaiando!

Dende as o11:00 da mañá estaremos esperándovos na Cssa de Cultura de Ferreira de Pantón!

NON FALTEDES!!!!


Primavera Póster marron de CEIP Monte Baliño

FORMACIÓN PROFESORADO EN ROBÓTICA E IA

Este xoves o profesorado do Baliño, asistiu a unhas xornadas de formación impartidas por Jose Pino (do IES A Pinguela, Monforte) experimenta...