viernes, 13 de marzo de 2026

8 de marzo

 Un día como hoxe conmemoramos e ensalzamos a figura da MULLER, reflexionamos sobre as diferenzas e inxustizas que a día de hoxe seguen existindo neste eido!

Durante esta semana realizamos diferentes actividades e propostas que puxeron de manifesto o noso sentir e o noso amor por aquelas muller que cambian e cambiaron o mundo ca súa voz e valentía, pero sen esquecernos primeiro das máis cercanas…

Entre outras propostas como lecturas, traballo sobre unha figura feminina concreta, elaboramos un chaveiro ca impresora 3 D, logo completámolo ca nosa pegada no caso de infantil e cunha palabra especial no caso de primaria, pensando nesa persoa que para nós é a muller máis especial do noso mundo!!


























Tamén gravamos un programa de radios especial no que cada alumno e alumna do cole puxo o seu gran de area neste 8 de marzo!


domingo, 1 de marzo de 2026

Día de Rosalía

 Este ano polo día de Rosalía leváronse a cabo diferentes propostas relacionadas co noso PDI, dende artes plásticas, ás poéticas e as musicais!

O alumnado de cuarto a sexto contounos a historia de Rosalía, a través dun libro precioso, Rosalía de Castro de Alba de Evan, Xabier Dominguez e Bea Gregores, ademais dunha gran inventiva e xeito elaborando e cantando regueifas sobre esta autora, que marabilla!



viernes, 13 de febrero de 2026

Entroido 2026

 Este ano seguindo o noso PDI de "deseñar e crear todo é comezar", cada clase elexeiu un cadro, observámolo, estudiamos a súa historia e o seu creador ou cradora, logo pintámolo e por último....lucímolo!!

A climatoloxía no nos deixou facer o tradicional desfiles á praza pero...adaptámonos as circunstancias e gozamos dun percorrido máis pequeno polo cole, no que convidamos ás familias, que trouxeron sobremesas de Entroido e xuntos degustamos unha saborosa chocolatada!

Moitas grazas por vir e polas vosas aportacións!

Viva o Entroido!!!!!





Comadres e compadres

 Este ano as inclemencias meteorolóxicas non nos permitiron realizar as carreiras dos noso compadres e comadres coma todos os anos, pero ainda asi, este xoves, que saiu un raíño de sol, ala fomos!

O alumnado de quinto e sexto realizou as súas creacións no centro de día en dúas xornadas preciosas de conviencia interxeracional, que ben o pasamos, que bonito é compartir e xuntar as crianzas cos nosos maiores tan sabios e con tantas ganiñas de desfrutar e encherse de enerxía!

Grazas unha vez máis ao Centro de día e a todas as persoas que fan posible estas xuntanzas!




jueves, 12 de febrero de 2026

VENRES DE ENTROIDO

 E hoxe festa!!!!!

Se este tempo chuvioso nos permite, baixaremos moi orgullosxs a ensinar as nosas creacións por todo o pobo...

Xa sabedes o dito, nunca choveu que non escampara!!!!



8 de marzo

 Un día como hoxe conmemoramos e ensalzamos a figura da MULLER, reflexionamos sobre as diferenzas e inxustizas que a día de hoxe seguen exis...