martes, 25 de noviembre de 2025

25N de 2025: ÚNETE A POÑER FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole do Baliño UNÍMONOS a poñer FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO, enchendo o cole de violeta, palabras que abrazan (RESPECTO, AMOR, COMPARTIR, AGARIMO, EMPATÍA, LIBERDADE...) , mans que acollen e mensaxes sanadores.


Empregamos un recurso novo da dotación de Polos Creativos: o lapis 3D. Nenos e nenas mediante contos, lecturas, charlas... nos grupos de referencia, falaron, espuxeron opinións, dúbidas, reflexións, observacións... entorno á devandita temática.

Dende o Baliño desexamos que a mensaxe cale e sexa clara... 

NIN UNHA MÁIS!








viernes, 21 de noviembre de 2025

I Xuntanza gastroliteraria 25-26: Dona problemas, rescatadora de mascotas e piruletas crunchy de queixo con sementes

O alumnado de 5º e 6º de primaria, celebrou o venres 21 de novembro a súa primeira xuntanza gastroliteraria do curso 2025-26 arredor do libro "Dona Problemas, rescatadora de mascotas". autor El Hematocrítico.

Dona Problemas enfréntase a un novo reto..que pasou? Como o soluciona? A estas e outras cuestións deronlle voltas os participantes no club, pero para facer funcionar a mente, tamén alimentaron o corpo, preparando uns aperitivos moi creativos: Piruletas de queixo crunchy con sementes
Relacionaron así o clube de lectura da Biblioteca co plan proxecta Nutriescolas.

Velaquí vos deixamos momentazos da xuntanza!

Graciñas rapaces e rapazas.


Seguide lendo e alimentando mente e corpo. 

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Magostiño!


 Chegou o Magosto!!!! E no Monte Baliño celebramos por todo o alto!!!

Fixemosnuns espetos deliciosos de castañas con cacao puro, estaban boísimos!

Celebramos o noso tradicinal xantra no patio, con opción carnívora e opción vengana, que marabilla!

Logo, o mellor momento, tiznar as nosas caras e a dos compañeir@s!

E para rematar a xornada festiva, fixemos moitos xogos por grupos de diferentes idades, nos que desfrutamos jn montonazo e despedimos o magosto con moi bo sabor de boca ata o vindeiro ano!


lunes, 3 de noviembre de 2025

Samaín 2025

 Xa chegou Samaín!!!

No Monte Baliño pasamos moito mediñoooooo! Esta semana o cole encheuse de actividades tenebrosas, decoracións monstrosas, merendas terroríficas, piscinas con sorpresa, virus na biblioteca, coreografías horripilantes....

E que ben o pasamos e canto desfrutamos!

Aqui queda unha pequena parte de todo o que fixemos, tanto no cole coma nas casas, moitas grazas as familias por participar sempre!


Club de lectura

 Desta volta no noso super club de lectura tivemos unha xuntanza moi chula! O noso libro que nos acompañou, “El bosque de los mil ojos” de F...