martes, 23 de septiembre de 2025

Abrimos as portas das aventuras!


 Xa chegamos!!!

Todo listo e preparado para abrir as portas da nosa biblio!!!

Lerín e os biblioaxudantes esperanvos hoxe no recreo para poder comezar de novo outro curso máis, de aventuras e lecturas!!!

Aqui vos deixan uns pequenos consellos por se alguén se esqueceu como funcionaba a nosa biblio!!!


viernes, 19 de septiembre de 2025

Mochilas viaxeiras!!!


 Xa están aqui as nosas mochilas viaxeiras cheas de aventuras, xogos, libros de ciencias, xornais e revistas...

A semana que ven comezarán de novo a chegar a vosas casas, que haberá dentro???
Atoparedes unha pequena descrición de todo o que podedes facer con elas, e unha libreta na que recoller as impresións do alumnado acerca do material que nelas vai!
Tamén ampliacos cun libro para as familias, para que podades botarlle un ollo durante UNHA SEMANA, que a teremos na casa, animaivos e se tedes algunha suxestión...aqui estamos para recibila!
3, 2, 1.....Voando mochilas!!!

martes, 9 de septiembre de 2025

Benvid@s a un novo curso cheo de aventuras!





 Arrancando motores!

Este ano o noso cole encherase de deseño, creatividade, arte, pintura, e todas esas actividades plásticas que tanto nos gustan!

Recollendo a temática das bibliotecas durante este curso 2025-2026, o noso proxecto anual chámase "Deseñar e crear, todo é comezar!

Así percorreremos e descrubriremos diferentes tipos de manifestacións artísticas, que nos guiarán no noso día a día e naquelas actividades máis sinaladas no calendario! 

As familias de nova incorporación darlle a benvida a esta gran familia, aquelas que xa levan no cole máis tempo, lembrarlle  un ano máis que estamos encantad@s de que formen parte do Monte Baliño, un cole con moito cariño!



Biblio Baliño quentando motores!

Cartel Póster Datos sobre el Proceso Artístico Doodle Amarillo y Marrón de CEIP Monte Baliño

Club de lectura!!

 Un ano máis arranco o noso club de lectura Lerín Lerán! Xa achegamos a todos e todas as participantes o seu sobre de traballo imprescindibl...