martes, 17 de junio de 2025

Recomendacións lectoras

 Queridas familias:

Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano!

Dende Bibliobaliño queremos recordarvos que sempre é un marabilloso momento para ler e mergullarse nunha boa historia, como fai o noso alumnado ao longo de todo o ano!

Aqui vos quedan unha chea de oportunidades seleccionadas en conxunto co Colectivo Lemos Le ao que pertencemos!

Pasai un bonito verán cheo de sol e enerxía, desfrutade moito das vacacións e Lerín e todo o equipo de biblio do Monte Baliño esperamosvos para o vindeiro curso repletos de novos mundos e fantasías!


viernes, 6 de junio de 2025

ACTIVIDADE "IGUALDADE" CON IRIA E DANI

 Hoxe recibimos a visita de Iria e Dani (nai e pai dun alumno e exalumna do Baliño) que viñeron realizar con nós na nosa Biblio unha actividade de Igualdade, ofertada dende o Concello de Pantón.

No noso recunchiño da biblio, onde nos sentimos tan a gustiño, falamos, debatimos, ofrecimos a nosa opinión, reflexionamos, escoitamos, quedamos sen voz ante inxustizas, analizamos micromachismos... e fixemos xogos entorno ao tema principal: 

A IGUALDADE!

Grazas especialmente a Iria e Dani, porque sempre é un pracer tervos con nós, sempre contaxiando ilusión e bo facer e grazas ao Concello por estas actividades tan educativas e productivas. Oxalá moitas veces!!



lunes, 2 de junio de 2025

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA CON PAOLA

 O pasado venres 30 de maio, andivemos fedellando na Biblio de Lerín con Paola. Ao longo do día e organizados en tres grandes grupos, fomos pasando por este espazo e seguindo as directrices de Paola, que atendemos con moito entusiasmo e expectación.

Traballamos creatividade, programación co makey makey, cosido, circuitos eléctricos con fío condutor... Experimentamos todos xuntos nun ambiente relaxado e distendido de aprendizaxe divertido a través de recursos moi chamativos e motivantes.

Grazas Paola, por ensinarnos as túas ideas e compartir o día de aprendizaxe con nós! 

A continuación, tendes un video para que poidades observar como o pasamos de ben e cantas cousiñas fixemos!!



Recomendacións lectoras

 Queridas familias: Aqui estamos rematando o curso 2024-2025, sen apenas darnos conta de que xa pasou un ano! Dende Bibliobaliño queremos re...