jueves, 27 de febrero de 2025

Xoves de COMADRES

 E o xoves 27 de febreiro festexamos no cole o noso divertido e esperado XOVES DE COMADRES.

Os rapaces de 4º|5º|6º visitaron o Centro de Día para desta volta crear os mecos das comadres. Pasaron unha xornada interxeracional entretida, colaborativa e chea de risas e creatividade. 

Moitas grazas aos usuarios, coidador@s e demais persoal do Centro de Día por nos facilitar á visita.

Velaí tedes o proceso de creación, o resultado e as carreiras.



Rosalía!


Este ano no Monte Baliño polo día de Rosalía fixemos un mix dunha chea de destrezas a traballar!

Primeiro recortamos uns modelos de mariquiñas que preparamos!

Logo deseñamos roupa para ela, observando os seus modelos habituais, cada curso foi adaptando, e nos cursos superiores cosemos cada prendiña, menuda aprendizaxe!

Despois o alumnado de quinto e sexto facendo uso das Makey Makey, preparou información sobre as diferentes partes dos seus traxes deseñados e cosidos, e por outra banda da vida de Rosalía.

Unha vez que montaron todo o proxecto foron polas aulas explicándolle ao resto dos grupos a súa tarefa e deixándolles experimentar con estes trebellos que tanto nos gustan!

Elaboramos tamén un postre riquísimos de rosas, pola simbolaxía que estas flores teñen na vida desta autora, a base de masa e mazá, mmmmmm!

Ahhhh! Dende a radio tamén nos puxeron ao día cun pequeno recitado de poemas durante o recreo!

Aqui vos deixamos un pouco de todo isto!





Mandadiños de Lerín!

 Chegou o Entroido! Mañá toca festexar e celebrar por todo o alto, con música, menú entroideiro e sobretodo desfilar moi EMOCIONAD@S cos nosos disfraces!



viernes, 21 de febrero de 2025

Mandadiños de Lerín!

 Comezamos ca festa! Aqui chega o Entroido cargado de troula, risas e disfraces!

Coma sempre Lerín que tanto lle gusta esta celebración, andivo a procurar que nos ía a mandar este ano… aqui tedes o primeiro mandadiño!

Lembrai que son acumulativos!




jueves, 20 de febrero de 2025

Xoves de COMPADRES

 Este xoves celebramos o xoves de COMPADRES tradicional que vimos correndo dende fai anos no Baliño.

Como nas anteriores ocasións elaboramos os nosos mecos nas aulas e as nosas rapazas maiores (4º,5º e 6º) visitaron o Centro de Día que temos ao ladiño para elaboralos nunha xornada de convivencia interxeracional.Os maiores déronlles ás nenas un agasallo pola visita e polas risas que lles fixeron botar. 

Un pracer acompañálos coma sempre!

Logo corremos os mecos, namentres os rapaces perseguían para intentarllos quitar!

Pasámolo moi ben!

Esperamos a revancha rapaces….



miércoles, 19 de febrero de 2025

Novidades!

 As alumnas de proxecto de competencial de quinto e sexto, son as encargadas de facernos chegar as novidades da biblio-baliño, elas escollen, gravan, editan e aqui tedes o resultado!

Asi sempre estamos informad@s de todo o que chega ao noso cole!

Grazas chicas!





martes, 11 de febrero de 2025

XOGANDO COS MINIMUNDOS NA BIBLIO DE LERÍN

Os máis cativos e cativas do Baliño, visitaron a Biblio coa súa mestra Ana para  descubrir e xogar coas novas adquisicións. Desta vez, disfrutaron do xogo libre cos MINIMUNDOS (Nins e pezas soltas) creando, imaxinando, construindo, falando, colaborando, compartindo... deixando voar a súa imaxinación e desenvolvendo a motricidade fina nun ambiente lúdico entre iguais.

Que bos momentos nos da a nosa Biblio!!

Grazas pequech@s por pasarvos a compartir os vosos sorrisos con Lerín!









miércoles, 5 de febrero de 2025

AO CONTO NA NATUREZA

 Hoxe, aproveitando a xornada de sol, os máis cativos e cativas do Baliño xunto co mestre Jimmy, atravesaron o portón do cole e "voilá"...

Xa estaban en pleno monte. E que foron cheirar alí?? Pois, está clarísimo, aire fresco, sentir o "crush" das follas ao pisalas, ver as ramas abanearse co vento, escoitar os ruidos da natureza, ulir a humidade da terra...recoller carabouxos...e disfrutar deste espazo que temos tan preto gozando dunha divertida lectura "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"

Pasárono en grande, velaí tendes as súas cariñas que o demostran!

A natureza é vida!!



lunes, 3 de febrero de 2025

Día da Paz

 Como cada 30 de Xaneiro conmemoramos e lembramos que existen diferentes lugares no mundo, próximos e máis afastados, que non coñecen o significado desa palabra, pola situación tan dura que viven.

Dende o Monte Baliño traballamos no respecto polas diferenzas e aceptación de toda a comunidade, dende o amor por un mesmo e polos demais, dende a axuda mutua e cooperación, desbotando calquer tipo de actitude que este fóra de todas estas máximas de convivencia.

Hoxe máis que nunca queremos aportar o noso gran de area para reverter e erradicar situacións de violencia, desamparo, desfavorecmento cas que convivimos na actualidade, asi que durante esta semana fixemos moitas actividades en prol de estes obxectivos.

Dende a bilioteca propuxéronse diferentes concursos creativos, debuxando a paz para os máis cativ@s e creando un símbolo novo de paz para o alumnado máis maior. Son fantasía! En breve anunciaremos os máis votados.

Elaboramos unha medallas co símbolo da paz, ca impresora 3D, que despois o alumnado pintou e decorou, e serviron de trofeo para a nosa tradicional carreira da paz. Na que recollemos comida non perecedera para achegarlla posteriormente aos Servizos Sociais de Ferreira, axudando asi de modo local!

Fixemos a tradicional solta de pombas, grazas a un amigo que se adica a colombicultura, como xa é un clásico, o noso alumnado de sexto que está por último ano no centro, son os encargados de darlle a saída.

Tamén tivemos as nosas lecturas de paz durante o recreo, e durante toda a semana fixemos unha actividade chamada “Lecturas interruptus”, nas que cada mestre e mestra preparou unha lectura relacionada ca paz, en no momento que decidían, sen ningunha explicación nin aviso, entraban as clases a lela e marchaban, captando así a atención do noso alumnado que desfrutou moito ca proposta.

Finalemente elaboramos un símbolo da paz entre todas as persoas do centro, na que colgamos as nosas caras e mans, representando a nivel xestual os sentimentos e emocións que nos transmite a palabra PAZ, seguindo co traballo do noso PDI.

A nosa teacher preparou  o alumnado de terceiro e cuarto unhas mensaxes preciosas de PEACE que leron á todos o cole, wonderful!

Aqui queda unha escolma dunha semana pacífica e con moitas emocións bonitas!





Día do libro 2025, Trocalibro!

  E volve o Trocalibro!!!!! O vindeiro día 23 de Abril, á volta de vacacións, é o día do Libro, coma sempre dende o cole, faremos diferentes...