viernes, 18 de octubre de 2024

Chega Samaín!!!

 Esa época do ano que tanto vos gusta…ja ja ja ja ja🦇🦉🌚!!!

Velaí ven Lerín propoñendo un concurso para Samaín…👻💀☠️🎃👹

Participai!!! Sempre mola aportar algo! Lede as instrucións da actividade para este ano e a ver que se vos ocorre! 

Onde viven os monstros? Cales son as súas guaridas ou casa favoritas?

Lembrai utilizar material de refugallo, faremos unha super expo tenebrosa na nosa Biblo Baliño!

onde viven os monstros de CEIP Monte Baliño

jueves, 17 de octubre de 2024

Camiño de inverno!!

Pasiño a pasiño faise o camiño! Aqui vai un resumo do pedaciño de fixemos do camiño de inverno, nunha xornada de convivencia con moitos máis coles da contorna e descubrindo un anaco do Camiño de Santiago que pasa pola nosa zona!

As distancias variaron entre as crianzas máis pequenas que camiñaron 1km e o alumnado maior que camiño 4,5kms!i

Tod@s o pasamo en grande e tivemos un día estupendo para desfrutar da natureza e do sendeirismo!

Despois ao chegar ó cole ca nosa credencial, fixemos unha actividade relacionada co noso PDI, “Un monte de Emocións”, na que cada neno e nena pintou na súa cuncha de peregrín a cor e a emoción que sentiu facendo o camiño de inverno!



jueves, 10 de octubre de 2024

Día da biblioteca!

 Querida gran familia do Monte Baliño, comezamos cos nosos concursos e propostas!!!!

Comezamos lanzándovos unha proposta para conm,emorar o día das bibliotecas o vindeiro 24 de Outubro!

Desta volta trátase dunha proposta artísica e de expresión plástica! 

Leva por título, Cal é o teu recuncho favorito da biblio?


 Trátase de facer en casiña, un debuxo, un cadro, unha maqueta, o que queiran as crianzas, no que representen o seu lugar favorito da nosa Biblio Baliño!

ENTREGAR ANTES DO 20 DE OUTUBRO!

Antes de nada, darvos as grazas como sempre por participar, faremos unha pequena exposición do material que acheguedes e dicir tamén, que se esperan premios....

E ata aqui podemos ler!

Un saúdiño dende Biblio Baliño!

Post Instagram Día Mundial de la Educación Ilustrado Creativo Original Profesional Neutro Beige y Verde de CEIP Monte Baliño

Chega Samaín!!!

  Esa época do ano que tanto vos gusta…ja ja ja ja ja🦇🦉🌚!!! Velaí ven Lerín propoñendo un concurso para Samaín…👻💀☠️🎃👹 Participai!!! S...