lunes, 24 de junio de 2024

Boas vacacións!!!

 E colorín colorado este curso ten rematado!

Vémonos en setembro! A FAMILIA do Monte Baliño deséxavos boas vacacións e un feliz verán!



jueves, 20 de junio de 2024

Recomendacións lectoras de verán!

 Pois ata aqui chegou outro curso cheo de letras e historias que nos acompañaron!

Agora toca desconectar e pasar un bo verán para coller enerxías, enchernos de sol e baños e sobretodo poder aderezalo cun bo libro, que é o que a nós nos gusta!

Aqui vos deixamos as recomendacións lectoras do Colectivo Lemos Le!

Moi boas vacacións e a gozar do descanso!


miércoles, 12 de junio de 2024

Pechando club!

 Este ano estreámonos co noso primeiro club de lectura, foi unha experiencia marabillosa, digna de repetir en vindeiros cursos por suposto!

Rematamos este primeiro ano do club Lerín Lerán por todo o alto, facendo un video forum sobre “El niño del pijama de rayas”.

Comezamos lendo unha histori con apariencia de conto que di moitas cousas…”Fume”, o alumnado reflexionou sobre el, a temática que aborda e deunos para un bo debate…

Posteriormente comezamos o visionado da película, da que despois comentamos e desgranamos en moitos aspectos relevantes sobre a época histórica que nela se tratan, increíble todo o que aprendemos!

Como despedida aos nosos clubs literarios e gastronómicos, sempre tentamos relacionalos co noso programa de aliméntate ben, desta volta probamos “Pretzel” un alimento alemán, relacionado ca situación xeográfica da película a traballar.

A seguinte recomendación lectora por suposto, é a obra en dixital ou papel, para ler durante este verán!

Por último, para pechar este curso tan fantástico de lecturas, Lerín preparoulles a todos os membros do club un “kit” de gran lectora e lectora, canto nos gustou!!

Para o ano…máis e mellor!




Mochilas viaxeiras!

Non se me ococrre mellor maneira para pechar curso que facendoo con este vídeo de Lila, alumna de sexto, que recibiu a mochila viaxeira esta semana!

Moitas grazas familia a Lila por este vídeo.

En breve as nosas mochilas descansarán ata o vindeiro curso!




 

lunes, 10 de junio de 2024

Comida de fin de curso!

 Familas, este curso 2023-2024 cheo de novas experiencias e increibles aprendizaxes, remata!

Coma todos os anos queremos celebrar con vós unha xornada de convivencia e compartir este momento tan especial na vida do noso alumnado, como un curso que remata e que sempre quedará na nosa memoria!

O venres 21 convidamosvos a unha comida no cole, a partir das 13:45 na que deberedes confirmar previamente aistencia!

Este ano acudide con roupa cómoda e con ganas de participar nalgunha das actividades interxeracionais que temos preparada, veña, contamos con vós, aqui vos esperamos!

Venres 21 de xuño de CEIP Monte Baliño

jueves, 6 de junio de 2024

Ciencia en quinto e sexto!

 E para rematar o nosos temas de substancias e reaccións químicas, aqui van uns experimentos preparados integramente polo alumnado, que cracks!


Boas vacacións!!!

 E colorín colorado este curso ten rematado! Vémonos en setembro! A FAMILIA do Monte Baliño deséxavos boas vacacións e un feliz verán!