Unha forma divertida de traballar a linguaxe e a adquisición de novo vocabulario, é facelo utilizando os escornabots.
Na sesión de estimulación da linguaxe na aula de infantil recibimos a visita de Bluebot.
O xogo que nos propuxo consistía en lanzar un dado xigante, que tiña árbores froiteiras, dependendo o que tocase había que asocialo a unha froita do taboleiro.
Bluebot moveuse con moita soltura, vai mellorando!
Por cada acerto o alumnado recibía un “escornapunto”…CONTINUARÁ!