martes, 23 de diciembre de 2025

Festi Baliño 2025

 O noso último día de trimestre foi unha celebración por todo o alto!

Comezamos co noso festival de inverno, no que todas as crianzas e profes do cole traballaron para agasallar a uns marabillosos espectadores, cun espectáculo sen igual!

Despois dun menú navideño, celnramos a doce badaladas cos nosos tradicións doce “gusanitos”, e logo con moitos nervios e ilusión abrimos os agasallos dos amig@s invisibles!

Un ano máis festexamos en familia unhas datas cheas de amor, emoción e ledicia!

Vémonos á volta ca mesma enerxía e ganas de seguir crecendo, creando e ensinando!



martes, 16 de diciembre de 2025

Recomendacións lectoras!

 Tempo de agasallos…tempo de historias…que mellor sorpresa e viaxe para agasallar que un libro?

Dende o Colectivo Lemos Le sempre preparamos unhas pequenas recomedacións lectoras para pedir na nosa carta a Papa Noel ou os Reis!

Desfrutade moito destas datas en familia, con moita ilusión e saúde para todas as familias!

Apertas de todo o claustro, de Lerín e aqui vos esperamos á volta de vacacións!


miércoles, 10 de diciembre de 2025

Festa de despedida do ano!

Posteriormente ao festival e xa no colexio, o alumnado desfrutará da súa tradicional despedida do 2025, cun menú especial,  celebración das doce badaladas e o momento máis esperado...abrir os amig@s invisibles!

Saquemos a relucir as nosas mellores galas, brillis, xerseis navideños, o que máis nos guste para ese día especial, e como complemento especial este ano...algo deseñado, doado de levar e que poña en xogo a nosa insipación!!

 

Post de Intagram Fiesta de Fin de Año Elegante Clásico Sencillo Dorado y Plateado de CEIP Monte Baliño

Festival de Inverno!

 Dende o Monte Baliño convidamosvos a vir a pasar un bo momento con nós, gozando das nosas actuacións que con tanto agarimo preparamos para celebrar as vacacións de inverno!


Póster Vertical Fiesta de Fin de Año con Fuegos Artificiales Llamativo y Festivo Multicolor de CEIP Monte Baliño

sábado, 6 de diciembre de 2025

Mes da ciencia no Monte Baliño!

 Durante o mes de novembro estivemos preparando uns experimentos por aulas, para logo poñelos todos en común na nosa xornada de ciencia na biblio-baliño!

Tamén durante todo o mes contamos con recomendacións lectoras e informativas escollidas polo equipo de biblio, para seguir mergullándonos no mundo da ciencia e a tecnoloxía!





jueves, 4 de diciembre de 2025

3 de Decembro. Día da Dis-capacidade!

 O 3 de decembro conmemoramos o  día das capacidade diferentes!

Día a día as persoas que teñene algunha dificultade demóstrannos que seguen loitando por unha vida inclusiva, na que todavía quedan moitas barreiras por derribar e da que temos que estar moi concienciados!

Dende o cole fixéronse diferentes propostas conxuntas entre biblioteca e a área de Educación Física!

Aqui vos deixamos un vídeo con diferentes porpostas, lecturas de libros polas aulas por parte do alumnado de quinto e sexto, e actividades realizadas en educación física adaptando xogos diarios, a dificultades sensoriais e físicas!

Dende o Monte Baliño traballamos pola concienciación, respecto, inclusión e loita para eliminar aquelas fendas que todavía quedan neste eido!



miércoles, 3 de diciembre de 2025

Amig@ invisible!

 Chegando estas datas toca poñer a funcionar a imaxinación e creatividade para levar a cabo o noso esperado AMIG@ INVISIBLE!!!!!

Desta volta e pensando sempre no aforro e reutilización das cousas e obxectos que temos por casiña ou na nosa natureza, as consignas para deseñalo son as mesmas.

Con material de refugallo, elementos da natureza, creatividade aderezada con bos desexos e amizade, cada alumno e alumna traerá ao cole o seu agasallo invisible antes do 18 de decembro!

Despois todas e todos xuntos abriremos os paquetiños o día 19 na nosa gran festa de inverno, chea de sopresas, actividades, son e brillos, e sobretodo de moita ledicia e ilusión!!

Debido a tema de alerxias e intolerancias das crianzas, lembrai que debemos  evitar agasallar con alimentos!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR SEMPRE!


Invitación vertical Amigo invisible Fotografía Blanco de CEIP Monte Baliño

Festi Baliño 2025

  O noso último día de trimestre foi unha celebración por todo o alto! Comezamos co noso festival de inverno, no que todas as crianzas e pro...