lunes, 27 de octubre de 2025

Club de lectura!!


 Un ano máis arranco o noso club de lectura Lerín Lerán!

Xa achegamos a todos e todas as participantes o seu sobre de traballo imprescindible para unha boa lectura e eleximos a nosa primeira obra…

“Dona Problemas rescatadora de mascota” do Hematocrítico e da editorial Xerais… que nos deparará esta nova aventura?


viernes, 24 de octubre de 2025

Día das bibliotecas

 Hoxe 24 de Outubro conmemoramos o día das bibliotecas!

Entre outras moitas actividades, esta foi unha delas, gravamos un pequeno programa de radio en directo durante o recreo, no que descubrimos porque este día se adica ás bibliotecas, coma a nosa; tivemos unha colaboración especial do alumnado de terceiro que nos deleitou cun poema de consellos alimenticios!

Pincha aqui e escoitarás nosas produccións radiofónicas!

Tamén realizamos outra serie de iniciativas que vos deixamos aqui para que desfrutedes!!!

 


Moncha Prieto

Polo día das escritoras o pasado 13 de Otubro, dende o Colectivo Lemos Le acordouse adicarllo a escritora da contorna, Mocha Prieto!

Dende os diferentes gruspo que formamos parte de dito colectivo leváronser a cabo moitas propostas diferentes, aqui vos colagamos o resultado final!



miércoles, 15 de octubre de 2025

Samaín creativo!

 …o medo é unha emoción que cómpre coñecer, trar e xestionar…co día de Samaín esa sensación medorenta tórnase en momentos de disfraces, de risas, de sustos e sobretodo de moita creatividade!

Este ano dende a biblio Lerín lánzavos a todas as familias un reto de deseño e creación, relacionado co noso PDI anual, “Deseñar e crear todo é comezar”.

Trátase de diseñedes e construades, a través de xogos ou xoguetes vellos, algo monstroso e terrorífico, dándolle un novo uso a aqueles bonecos ou coches, ou taboleiros de parchis que xa ninguén utiliza…que vos parece? Animádesvos a participar?

O “xoguete medorento” haberá que traelo ao cole antes do 29 de Outubro, faremos unha exposición  na biblio e haberá un agasallo para tod@s @s participantes!

Moitas grazas de antemán familias, por participar sempre!




martes, 14 de octubre de 2025

Día das escritoras

Este cartaz proporcionado pola Asesoría de Biliotecas escolares de Galicia lémbranos que o día 13 de Outubro conmemoramos o  día das escritoras.


Dende o Monte Baliño colaboramos co Colectivo Lemos Le, no que estamos a elaborar diferentes propostas....

Xa vos iremos contando! 


25N de 2025: ÚNETE A POÑER FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole do Baliño   UNÍMONOS   a poñer   FIN Á VIOLENCIA DE XÉNERO , enchendo o cole de violeta,   palabras que abrazan   (RESPECTO, AMOR, C...