domingo, 12 de mayo de 2019

Radio - As mulleres que eu admiro


Este curso o noso alumnado está a participar nun contrato-programa lanzado dende a Consellería, o programa PROA, co fin de que a alumnado que asista poida mellorar as súas competencias lingüísticas e matemáticas.

Unha das tarefas que fixemos durante este curso foi a de escribir unha redacción que levase por título " As mulleres que eu admiro", co obxectivo de destacar a aquelas mulleres que están moi preto de nós e que cada día se converten en auténticas heroínas.

Neste programa, poderemos escoitar a Michael ( equipo de grabación) e Brais Díaz como presentadores; xunto con Celia, Alejandro e Constanza como lectores das súas 
fermosísimas redaccións.

Agardamos que vos gusten!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...