Esta semana leváronse a cabo no Baliño unhas Charlas Educativas sobre o coidado e conservación do Medio Ambiente, levadas a cabo polo servicio de Protección da Natureza "Seprona" da Garda Civil.
A rapazada de primaria, estivo moi atenta a todo o explicado interactuando e preguntando ao Garda Civil, a quen dende aquí lle agradecemos a súa visita á nosa escola.
Foron moi interesantes, entretidas e motivadoras, tendo por obxecto inculcar no alumnado o espírito de Coidado do noso gran ben, a Natureza.