viernes, 30 de septiembre de 2022

Comezamos!

 A nosa biblio, despois dun marabilloso verán chega máis renovada que nunca… obras, pintura, madeira…e maxia!

Temos un lugar fabuloso de xogos, lectura, electrónica, soños, creatividade…no que pasaremos un montón de tempo durante este curso, invitámosvos a coñecela, queredes vir?

Pois os biblioaxudantes de quinto e sexto, xunto con algunha colaboración especial, deixáronnos este vídeo para abrir boca, atendei ben!

Esperámosvos!!!👏🏻👏🏻👏🏻🌈🥁🥁🥁📚📚📚




sábado, 10 de septiembre de 2022

Benvid@s ao curso 2022-2023!

 Aqui estamos de novo, despois dun verán cheo de sol, diversión, risas e pilas cargadas para este curso tan especial, o primeiro despois dun par de anos complicados, que gusto dar ver os vosos sorrisos!

Este ano surcaremos os montes e mares da nosa Galicia, a través das súas verbas e sons, xunto coas letras e gastronomía, pasando polas meigas e as tradicións e coñecendo un pouco máis esta nosa terra galega.

Asi atoparon os nosos cativos e cativas o cole á súa chegada!



Agora poñemos a maquinaria a funcionar e a desfrutar deste paseo polo descubremento do nosos entorno!

ARRANCAMOS!

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...