sábado, 27 de abril de 2024

Día do libro 2024

 No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo.

Un día os máis pequenos e pequenas do cole achegáronse a escola infantil a contarlle un conto aos seus futuroa compis!

Despois tivemos unha lectura compartida durante a hora de ler, na que cada alumno e alumna repartidos en parellas e trios, lle contou un contiño a un compañeiro ou compañeira.

Durante a semana estivemos elaborando unhas frases relacionadas ca lectura, cos libros, etc…para decorar o noso cole!

Tivemos lecturas familiares, que tanto nos gustan, nas que os profes e familias se achegaron ao centro a contárlles unha historia ao noso alumnado!

E como colofón final o venres tivemos o noso trocalibros particular, no que cada alumno e alumna foi traendo libros que xa lera para cambiar por outros!

Aqui queda un resumo! Moitas grazas a todos por participar!






jueves, 25 de abril de 2024

Semana do libro!

 Seguimos cas nosas lecturas familiares, hoxe xoves acompañaranos María, para contarnos unha lenda moi especial da zona da Ribeira Sacra!

Moitas grazas María!

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...