sábado, 27 de marzo de 2021

Fin de trimestre💪🏻👏🏻👏🏻!

 E chegou o día...quen nos ía dicir a tod@s que cando empezamos este curso 2020-2021 plagado de incertidume, de moitas dúbidas e con tantos e tantos cambios, chegariamos ata aqui...

Pois si, rematando o segundo trimestre, coma valentes, coma campios e campioas, toda a comunidade educativa que formamos a gran familia do Monte Baliño, fixemos que fora posible camiñar ata aqui, con alegría diaria de vir ao cole, de aprender, de xuntarnos sen xuntarnos...de convivir con iste virus, que non foi quen de mandarnos para casa!

Grazas a tod@s, o traballo en equipo fai que todo isto siga sendo posible!

Agora a descansar e gozar das vacacións para coller forza para o último impulso!💪🏻⭐️

Aquí quedan fotiños do último día de treimestre que celebramos o Purple day, e adiantamos unha pequena actividade para conmemorar o día 2 de abril, o día do libro infantil!




Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Bos días! Para rematar este trimestre as nosas mochilas viaxeiras de infantil visotaron a casiña de Iago, que con todos os libros que habìa nela, vainos dicindo cal lle gustou màis!

Grazas Iago e familia!🎒🌈⭐️





viernes, 26 de marzo de 2021

26 de Marzo

 Hoxe no Monte Baliño tornamos en violeta, como mostra de apoio e visibilización do día da Epilepsia, nós crecemos xunt@s, aprendemos xunto@s e sobretodo entendemos que tod@s somos mellores sempre que estemos xunt@s!

O noso purple day!!!💜🌍🌟



Cachito⭐️💜

 Hoxe non é un venres calquera...hoxe 26 de Marzo é un día para visibilizar a todas esas persoas e familias que día a día conviven coa epilepsia, esas e eses valentes que nos ensinan que as pedriñas do camiño, están para saltalas!

Eli e a súa familia son un exemplo de enerxía, de amor e de forza, hoxe neste video tan especial, vainos a contar dun xeito moi doado que é a epilepsia e en que consiste.

Ademáis, ten unha sopresa preciosa en forma de conto, que ela mesma nos vai a contar, e que con todo o seu agarimo regalou para a biblioteca do cole...que sorte temos!👏🏻👏🏻👏🏻🌈

Moitísimas grazas Eli e familia dende tod@s os peques e maiores do Monte Baliño!🌈

Cachito de Mike Bonales.📚💜



martes, 23 de marzo de 2021

Purple day

O 26 de marzo celébrase o día da concienciación da Epilepsia, a finalidade deste día é disipar os mitos e temores comúns deste trastorno neurolóxico.

A epilepsia é un desorde neurolóxico que provoca ataques recurrentes. Non é un problema psicolóxico, non é unha enfermidade mental, só que existen no cerebro miles de neuronas que transmiten información, cando estas neuronas teñen unha actividade excesiva e repentina, altera a actividade normal e pódese sufrir unha crisis epilética.

O obxectivo deste día e sensiblizar e coñecer un pouco máis a epilepsia e apoiar as persoas e familias que poden padecer ou padecen este trastorno neurolóxico.

Dende o Ceip Monte Baliño sumámonos a esta inciativa tan bonita, crecendo no amor, no respecto, na tolerancia, no coñecemento, nos coidados e axuda mútua, hoxe somos VIOLETAS, ánimo guerreir@s!





Coñecendo a “Yellowbot”🤖👏🏻👏🏻

 Hoxe o alumnado de infantil desfrutou dunha clase moi especial...

Aproveitando o bo tempo, saímos ó patio, alí a profe Cris ensinoulles a maxia e a motivación que produce traballar con robótica!

Este ano é o noso primeiro contacto con estes aparelliños, pero está claro que estamos tod@s encantad@s, e os pequenos e pequenas...aínda máis!

Aqui vai unha oequena reportaxe dos nosos bots, que...teñen vida!



domingo, 21 de marzo de 2021

8 de Marzo

 Durante a semana do 8 de marzo fixéronse moitas actividades diferentes dende as titorías e dende as diferentes especialidades, aquí vos deixamos unha pequeniña mostra de cada unha delas.

Todos os días son 8 de marzo!

 

sábado, 20 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Os nosos pequenos e pequenas de infantil comezan a viaxar polos libros, experimentando as diferentes posibilidades que cada un lle dá, polo mundo dos números, polo universo de coñecerse a un mesmo...Samuel de cuarto de infantil, explícanos coa súa preciosa corona de San Patricio, que lle chamou máis a atención!

Grazas Samu e familia!🌈⭐️🎒



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Que fantástico é ver ao noso alumnado desfrutando da lectura e descubrindo novos mundos literarios...aquí temos a Adriana de 4º que nos conta como lle gustaría viaxar ó espazo...

Grazas Adriana e familia!🎒🌈⭐️



lunes, 15 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 E aquí vos deixamos un super video que nos envía Vicky de cuarto, cheo de debuxos, efectos e con moi bo xeito de contarnos o que lle pareceron os libros que chegaron a súa casiñ.

Grazas Viky e familia!🌈🎒⭐️



O Noso mundo en violeta

 O 8 de marzo é un día sinalado nos nosos calendarios, coma unha data moi especial na que resaltar e reivindicar a labor e dereitos de todas as mulleres, símbolo dunha loita permanente que empezou moitos anos atrás...

Este ano no noso cole, pensamos un mundo en violeta, cheo de palabras bonitas e reivindicativas, nas que todo o alumnado aportou o seu gran de area para soñar e crear un mundo mellor!

Aqui vos deixamos o noso puzzle colectivo!



Espazo expositivo

A nosa biblio tamén é un espazo de exposición e mostra, no que o noso alumnado nos deleita con todos os proxectos que levan a cabo nas aulas.

Así de este xeito, este ano tan complicado, atopamos na biblioteca un espazo común, que por quendas e coas medidas de seguridade e hixiene, nos serve para ver os traballos d@s bos@s compañier@s!

Aqui vai os proxectos de ciencia aue fixeron os alumnos de quinto e sexto!




Mochila viaxeira🎒🌈

 Hoxe Enol con unha compañía moi especial, explica moi contento, canto lle gustaron os libros, as uñas de cores, os números en inglés, que ledicia dá escoitalo!

Garzas Enol e familia!🎒🌈⭐️



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Comezamos a semaniña con esta xoia de video, Mateo cóntanos como lle gustou o conto dos dinosaurios e de outros animais, que nesta segunda volta ía na mochila viaxeira!

Grazas Mateo e familia!🌈🎒⭐️



martes, 9 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 As mochilas tamén chegan os fogares dos nosos maiores, Nino de sexto recibiuna esta fin de semana, e déixanos moi claro cal foi o seu libro favorito...será por que a el gústanlle moito as ciencias e as curisidades do mundo?

Moitas grazas Nino e familia!🎒🌈⭐️



domingo, 7 de marzo de 2021

8 de marzo

 Esta semana conmemoramos unha data moi importante e especial na loita pola igualdade, polo respecto e recoñecemento cara a figura das mulleres, hoxe e cada un dos días deben ser 8 de marzo, sen discriminicación, sen diferenciación por ningún tipo de cuestión, porque un mundo igualitario é un mundo máis xusto e mellor!

Comezamos a semana coas recomendacións que nos fai Lerín!



Premios de Entroido🤖🤡👺

 Aínda que se nos botou o tempo encima, xa que as puntuacións estiveron moi axustadas, a semana pasada entregamos os premios ós gañadores e gañadoras dos premios do deseño de tapabocas de Entroido.

Moitas grazas por participar a tod@s, e noraboa ós premiados e premiadas!



Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Que mellor tempo que a fin de semana para desfrutar da lectura? Pois aqui temos a Martín de infantil, que no sabe decidir aue libro lle gustou máis, aínda que parece que ao final os cómics deben ser os que máis lle prestan!

Grazas Martín e familia!🎒🌈



viernes, 5 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Esta semana a mochila de quinto e sexto visitou a casa de Claudia, alumna de quinto, que con moito xenio nos conta que libros había nela e cales lle gustaron máis ou menos!

Grazas Claudia e familia!



jueves, 4 de marzo de 2021

Semana de Rosalía

Durante a última semana de Febreiro, estivemos realizando diferentes actividades relacionadas coa figura de Rosalía de Castro, xa que o día 24 de Febreiro se celebra o seu día!

As actividades durante estes días foron moi variadas, sempre tendo como fío conductor traballar e afondar no coñecemento da figura de Rosalía.

 Dende o área de Educación Física e aproveitando o traballo realizado nestes momentos con relación á coordinación óculo-manula, ritmo e percusión corporal, através de poemas de Rosalía musicados ou cancións sobre ela.

O alumnado de quinto e sexto preparou un poema da escritora, na que uns aprenderon a recitar e os outros compañeiros e compañeiras apoiaron con linguaxe de signos.

O alumnado de primeiro e segundo realizou un pequeno libriño, recollida a idea das redes, @amestracris, sobre a vida da autora, ao mesmo tempo que aprenderon un poema e recitárono con moito xeito cunha música de fondo de Carlos Núñez, Os gaiteiros da noite.

E os nosos pequenos e pequenas, adaptaron a Rosalía a situación epidemiolóxica que estamos vivindo, decorando a súa foto, recollida a través de internet, con uns tapabocas moi orixinais.

Aqui vos deixamos un resumo de toda esta semaniña!

 

martes, 2 de marzo de 2021

Mochilas viaxeiras🎒🌈

 Jimena de segundo xa ten de novo a mochila viaxeiras, de esta volta os libros eran diferentes, a ver a ver que nos conta...

Moitas grazas Jimena e familia!



Escornabots!

 E por fín os nosos tecnolóxicos e tecnolóxicas remataron de montar os escornabots, hoxe presentamosvos aos dous aue nos faltaban e que pouco a pouco e con moito coidado e limpeza constante de mans e ferramentas, fomos montando! 🤖🤖🤖🤖👏🏻👏🏻👏🏻




Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...