domingo, 5 de mayo de 2019

Día da Educación Física na Rúa

Un ano máis, a nosa escola participou na novena edición do Día da Educación Física na Rúa


Esta iniciativa que surxiu en 2011 da man de Franc Flores, profesor de EF, que decidíu salir á rúa con todos os seus alumnos a impartir as súas clases, na localidad Asturiana de Laviana.




O seu obxectivo era mostrar aos veciños e veciñas o que era a actual Educación Física e como é o traballo que se realiza na aula.

É por iso que este ano,  decidimos levar á Rúa distintos xogos tradicionais que durante as semanas previas, o noso alumnado estivo a elaborar con materiais reciclados.

A pesar que por mór da choiva non puidemos celebralo no propio día e tivemos que pospoñelo a unha semana máis tarde, foi unha bonita xornada de  convivencia e unha forma de promover un estilo de vida activo para tod@s e para sempre.


Se pinchades no seguinte enlace, poderedes ver a cantidade de centros que participan nesta iniciativa: 
http://www.colefgalicia.com/contenidos/index.php?option=com_content&task=view&id=949&Itemid=249

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...