E seguindo cas nosas actividades de Samaín aquí vai outro desafío… quen se adentra e crea unha historia ou lenda fantasmagórica que nos faga berrar ben alto?
Lerín propón outro concurso, no que cada neno ou nena cree un conto que debe entregar antes do 3 de novembro, inspirándose nas criaturas dos montes galegos, nas lendas, nas criaturas da noite…
Despois de lelas, un xurado do máis terrorífico que pode haber no Monte Baliño, procederá a lectura das máis horripilantes nun lugar ambientado para tal fin…👻👻🧙♂️🧙♂️🧙♂️