sábado, 29 de abril de 2023

Mercadillos solidario!

 O alumnado foi traendo durante toda esta semana libros que xa leran para intercambiar por outros que pudieran prometerllea novas e fascinantes aventuras!!!

O venres, para pechar a nosa semana do libro, baixamos a realizar a “compra” dunha historia nova!!!




Colgad@s dos libros!!!

 Hoxe cada alumno e alumna do cole, despois de ter traballado mediante a creatividade e as artes plásticas, colgaron a portada do sei libro favorito!

Queredes adiviñar cales son???









viernes, 28 de abril de 2023

CANAPÉS LITERARIOS

Para dar por finalizada a nosa intensa e completa celebración da Semana do Libro no Baliño, que mellor maneira que a última proposta de actividade. Unha combinación de LECTURA máis ALIMENTACIÓN!

A rapazada do Baliño, elixiron- debuxos e fragmentos dos seus libros favoritos, frases sobre a lectura, refráns ou poemas...que escribiron e decoraron de "puño e letra" para posteriormente espetalo nuns canapés que eles e elas mesmos realizaron cos seus grupos e profesorado nas diferentes aulas. Houbo un montón de variedade:

  • canapés de queixo, arandos, framboesas e amorodos.
  • canapés de queixo, noces e mel
  • canapés de queixo, kiwi e amorodos
  • canapés de queixo e aguacate.

Unha proposta deliciosamente productiva para fomentar o gusto pola lectura e culminar unhas xornadas adicadas aos libros. Todas e todos os membros da nosa pequena escola puidemos disfrutar da degustación no tempo de lecer deste último venres do mes de abril.

Grazas pola participación e implicación!

Deixades coma sempre o listón moi alto!!





Entrevistas a pe de rúa!

 Hoxe os nosos e as nosas intrépidas entrevistadoras achegáronse a Pantón con gravadora en man para pescudar información sobre o noso cole, que como xa sabedes, está de aniversario!

Foi moi divertido e sobretodo aprendemos moitas cousas de como o Ceip Monte Baliño foi cambiando ao longo destes 50 anos!!! 

Grazas a todoa a xente que con moito agarimo atendeu e contestou as nosas preguntas!!!

Longa vida ao Baliño!!




miércoles, 26 de abril de 2023

Presentación Iria e Dani

 Non se pode celebrar de mellor maneira o día do libro, que presentando un!

Asi foi, hoxe Iria e Dani, achegáronse ao cole a presentarnos o seu novo libro, que por certo xa nos fixeron chegar a Biblio Baliño, “Mitos e lendas da Ribeira Sacra”.

Sempre é un pracer escoitarvos e máis hoxe, con este novo proxecto que desexamos que teña unha gran acollida, a nós encántanos!



martes, 25 de abril de 2023

Lecturas compartidas saben mellor!

 Hoxe no noso momento de lectura diaria, baixamos a compartir letras e aventuras cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, de tal xeito que todo o alumnado gozou dunha historia contada por outro compi, que sempre saben mellor!



lunes, 24 de abril de 2023

Semana do libro!

 Hoxe comezamos os nosos festexos especiais polo día do libro, que se celebrou onte, 23 de abril!

Cada día da semana teremos unha actividade diferente, empezou a semana coa nosa biblio-patio para poder ler nos nosos momentos de lecer, así desfrutaron hoxe no recreo!







miércoles, 19 de abril de 2023

Taller afectivo-sexual

 Esta semana tivemos unha charla moi especial e didáctica, grazas a Sonia, comadrona do hospital de Monforte, aprendemos moitas cousas sobre a vida e como chegamos a este mundo!

Explicoulles a todos os nenos e nenas en que consite o seu traballo, como son os nosos corpos, como evolucionan e cambian coa idade e resolveulles todas aquelas dúbidas que tiñamos sobre estes temas!

Moitísimas grazas a Sonia polo seu tempo e as súas explicacións e bo facer, tamen á Anpa por achegarnos esta actividade tan chula, tan aproveitable e da que tanto aprendemos!



martes, 18 de abril de 2023

A importancia do noso chan! REPOBOANDO ÁRBORES CON SENTIDO

 Hoxe, martes 18 de abril, o profesorado e alumnado do Baliño, realizamos unha saída a Salcedo. Unha saída á nosa terra, actividade enmarcada dentro do PDI deste ano "Miña terra galega". Ao corazón dos nosos montes galegos, en plena natureza, a cal semellaba triste, solitaria e doente. Unha imaxe desoladora inondou as nosas retinas. Por mor dos incendios, o monte estaba negro e vacío... Sen árbores... Sen vida...

O coordinador da actividade (un axente ambiental) xunto cos seus compañeiros, explicáronnos o sucedido. Un raio causara toda aquela desgraza! Falounos do que era un INCENDIO FORESTAL, as causas, efectos socioeconómicos e ambientais, a importancia que ten o chan, non so as árbores e cales son os coidados para previr esta situación e cales son as actuacións a levar a cabo tras a mesma, dándolle fundamental valor o solo para repoboar os nosos montes.

Pasamos unha mañá de aprendizaxe do máis significativa.

Os montes son vida polo tanto....COIDÉMOLOS!!! 

É cousa de Tod@s!








martes, 11 de abril de 2023

Mercadillo de libros usados!

Con motivo do día do libro que se celebra o 23 de abril, dende o cole poñemos en marcha unha iniciativa, para darlle vida a eses textos usados ou contos esquecidos nos andeis das nosas casas...

A idea é que cada neno e nena traia, antes do 21 de abril (data límite),  un libro usado que estea ainda en boas condicións para poder ser lido.

Posteriormente realizaremos un "Mercadillo" no cole, no que o alumnado poderá "mercar" a cambio do seu exemplar, un novo libro e vivir unha aventura diferente!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 


Póster Infantil para Mercadillo de Libros Scrapbook Animales Amarillo Blanco y Azul de CEIP Monte Baliño

lunes, 10 de abril de 2023

Radio voz na Escola

 Hoxe tivemos unha visita moi especial! Participamos na radio na escola, coa nosa super emisora de Ralerín, a radio do Monte Baliño, emitindo sempre con moito cariño!

Este ano tivemos a sorte de ser selecciona@s para poder vivir un día de radio con dúas profesionais as que lle queremos dar en primeiro lugar as grazas!

Primeiro explicaronnos a tod@s como funcionaba a radio, que era, que se podía escoitar nela, etc…, despois o alumnado de quinto e sexto, quedou para grabar un programa que pronto poderedes escoitar en directo, un programa sobre Galicia, no que todoa a cativada do cole participou!



domingo, 2 de abril de 2023

2 DE ABRIL NO MONTE BALIÑO

 Hoxe é 2 de ABRIL: Día de concienciación sobre o Autismo

No Monte Baliño a diversidade enriquécenos. Para conmemorar este día ademais de vestirnos con prendas e complementos azuis, enchemos o cole de globos desa cor e preparamos unhas fermosas bolboretas azuis con materiais de refugallo para seguir enchendo de luz, desexos e ledicia o noso novo "recuncho da EMPATÍA".

Velaquí tendes as nosas creacións:








RESPETA, ACEPTA, VALORA, AXUDA, COMPRENDE, INCLÚE!

MIles de gracias a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias... por colaborar vestindo de AZUL, iluminando a nosa pequena escola polo apoio e visibilización.

XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES, VÉSENOS E ESCOÍTASENOS MELLOR!!!!☺

A continuación deixámosvos unha pequena reportaxe fotográfica do noso día AZUL.





sábado, 1 de abril de 2023

FILIPINO FOOD DAY! RECEITAS DENDE FILIPINAS CON ANG

Para rematar este segundo trimestre, a nosa teacher Nati e máis a nosa auxiliar de conversa Ang, organizaron un día especial! Exactamente un día culinario diferente!

Ang vén de Filipinas e prestouse a seleccionar tres pratos típicos do seu país (primeiro, segundo e sobremesa), para despois preparalos xunto co alumnado dos cursos superiores (3º, 4º, 5º e 6º de primaria) coa axuda do noso cociñeiro e aproveitando o noso comedor.

Tendo en conta o número de comensais, botaron números para ter ingredientes dabondo para todos (traballando a competencia matemática), analizaron a receita (vocabulario e comprensión da receita en Inglés) e puxéronse mans á masa. Coma se dun masterchef se tratase, traballaron en grupos repartindo as tarefas, respectando aos demáis, aprendendo e rindo xuntos nun espazo diferente a aula de referencia.

O menú estaba formado por:

  1. APPETIZER/STARTER: UKOY 
  2. MAIN COURSE: FILIPINO SPAGUETTI 
  3. DESSERT: FILIPINO FRUIT SALAD  

O resultado?? Deliciosos pratos que gozamos no último día de trimestre, coñecendo un pouquiño máis a nosa queridiña Ang, a cal tantos sorrisos nos regala. Estamos seguros e seguras de que a ela tamén lle viñeron bos recordos do seu país con esta simple pero emotiva proposta.

Mil grazas a alumnado, profesorado e por suposto a ti... ANG 😋





Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...