jueves, 20 de febrero de 2025

Xoves de COMPADRES

 Este xoves celebramos o xoves de COMPADRES tradicional que vimos correndo dende fai anos no Baliño.

Como nas anteriores ocasións elaboramos os nosos mecos nas aulas e as nosas rapazas maiores (4º,5º e 6º) visitaron o Centro de Día que temos ao ladiño para elaboralos nunha xornada de convivencia interxeracional.Os maiores déronlles ás nenas un agasallo pola visita e polas risas que lles fixeron botar. 

Un pracer acompañálos coma sempre!

Logo corremos os mecos, namentres os rapaces perseguían para intentarllos quitar!

Pasámolo moi ben!

Esperamos a revancha rapaces….



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Festi Baliño 2025

  O noso último día de trimestre foi unha celebración por todo o alto! Comezamos co noso festival de inverno, no que todas as crianzas e pro...