martes, 12 de marzo de 2024

Visita de Taborililás!



 Para conmemorar o 8 de marzo esta vez tivemos unha visita moi especial, Sela, Mara e Virginia, compoñentes de Tamborililás achegáronse ao noso cole para ensinarnos como se cambian as cousas  a través da forza de equipo, da música, da enerxía e da loita activa na defensa do que se cre.

Como din “ reapropiámonos da música e da alegría como ferramentas de loita porque cremos no seu potencial de cambio, empregando materiais de refugallo para os nosos batukes na procura dun espazo que facilite a participación de todes de xeito horizontal”.

Tamborililás Compostela son unha colectiva transfeminista que traballan para xerar un espazo de coidados, onde compartir, dende o respecto e o acollemento das diversidades,  como ben explican.

As crianzas e profesorado estivemos elaborando os batukes  nos días previos con material de refugallo que facilitaron as familias.

Despois baixo as directrices e indicacións de Sela, Virginia e Mara, convertemos o noso centro nun espazo cheo de música reivindicativa e enerxía!

Moitas grazas polas vosas voces, ritmos e loita!💜🥁




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

3ª XORNADA LITERARIA ALIMENTARIA DO CLUBE DE LECTURA "LERÍN LERÁN"

  Este luns 13 de maio, o alumnado do   Clube de lectura Lerín Lerán   de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha n...