miércoles, 6 de marzo de 2024

Asentos dinámicos!

Este curso 2023-2024 estamos a participar dentro dos programas da consellería contratos Programa Innova, un deles “Edu-saúde” enfocámolo cara a postura corporal do noso alumnado, correción das mesmas nos momentos de traballo en mesa, a posibilidade de movemento e canalización de enerxía daquel alumnado que lle costa máis pasar tempos prolongados nunha postura sentada, etc…

En base a todo esto propuxemos a utilización dos chamados “asentos dinámicos”, enfocados precisamente a solventar as dificultades das que falamos anteriormente.

Hoxe por fin chegaron as nosas novas adquisicións destinadas a mellorar a postura do alumnado durante a práctica educativa!

Irémolas implementando pouco a pouco a partir do terceiro trimestre en diferentes clases segundo as necesidades de cada aula, en concreto poremos en marcha o traballo en cadeiras de “fitball” na aula de quinto e sexto, aínda que o alumnado poderá utilizar a cadeira tradicional sempre que o desexe.

Aquí vos deixamos un pequeno bosquexo deste proxecto para nós e o noso alumnado!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

3ª XORNADA LITERARIA ALIMENTARIA DO CLUBE DE LECTURA "LERÍN LERÁN"

  Este luns 13 de maio, o alumnado do   Clube de lectura Lerín Lerán   de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha n...