lunes, 19 de febrero de 2024

Green Bot e os seus retos lectores

 Na aula de PT un grupiño de alumn@s realizou unha actividade co noso querido Green Bot (o cal está pendente de pasar polo "mecánic@" xa que nos está dando fallos).

A tarefa, de novo, estaba relacionada coa lectoescritura (trabalinguas, formar palabras, ordear oracións, seguir instruccións...). 

Consistía en tirar un dado, contar e localizar a tarxeta que levaba o número correspondente e a continuación, programar a Green Bot para chegar no menor número de movementos posible.

Ao chegar á casilla, tiñamos que ler o que poñía e solucionar o que nos pedían.

Repetirémolo porque quedóusenos curtiña a sesión e o alumnado disfrutou moito.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO

O  15 de maio  celébrase o   DÍA DA FAMILIA ,  e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de...