domingo, 25 de febrero de 2024

Estampación de camisetas de Rosalía

 O día da nosa gran escritora galega, Rosalía de Castro, no Baliño, deunos para moitas actividades.

Cada neno ou nena realizou un debuxo empregando diferentes técnicas e métodos (por exemplo, os de 5º e 6º usando o Inskape modificaron e decoraron imaxes e textos da autora). Unha vez todos feitos, escaneámolos e imprimímolos en papel transfer para roupa. 

Trouxemos camisetas lisas, de cores claros e basándonos nos obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, démoslles unha nova vida: estampámolas usando a prancha.

Unha actividade enmarcada nos proxectos nos que participamos de Biblioteca Creativa, Plan Innova e Polos Creativos.

Púxemolas no cole, fixémonos fotos e levámolas para as nosas casiñas, para lucir orgullos@s cando nos pete.

Mirade que FERMOSAS quedaron!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA 15 DE MAIO

O  15 de maio  celébrase o   DÍA DA FAMILIA ,  e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de...