Esta semana os nenos e nenas de primaria tivemos a sorte de coller o bus e irnos de excursión ao Courel!!!
Que sitio tan bonito, e que mágoa dar ver esa serra queimada...todos e todas nos demos conta de que aquela cor negra, nos enchía de pena...
Estivemos na compaña de Dani, membro de Caurelor, unha pequena empresa que se encarga de elaborar productos alimenticios a partides dunha marabillosa materia prima, como son as castañas, ademais de outros froitos!
Explicounos cousas moi interesantes sobre a contorna, o proceso de traballo e elaboración dos productos.
Ao final convidáronnos a unha degustación riquísima, moitas grazas por todo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.