miércoles, 15 de junio de 2022

ESCORNABOTS DE VACACIÓNS

UFF QUE CALOR!!!!😅 Estamos chegando ao final deste curso e os nosos escornabots querían despedirse de nós porque se van de vacacións en nada....Coma nós!!! 

Ben merecidas que as teñen!!

Os nosos amiguiños robotizados acompañáronnos nunhas sesións co alumnado de 4º e 5º de Infantil e coa rapazada de 1º e 2º.

Bluebot preparounos un taboleiro con vocabulario do verán no que ademais de recoñecer pictogramas e mellorar a conciencia fonolóxica (dando palmadas para comprobar cantos golpes de voz tiñan as diferentes palabras), traballamos orientación espacial, programar as ordes para os movementos e espera de quendas (algo que nos custa moito). Os máis pequenos e pequenas ían seguindo o camiño para rematar o taboleiro, sumerxíndose na piscina (última palabra que capturaba Bluebot)






Os máis maiores, complicoúselles un "pouquichiño"máis. Tiñan que inventar oracións coas palabras dadas(conciencia léxica e sintáctica), fomentando así a expresión oral e a creatividade.

Que divertido é aprender xogando!









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Celebración da nosa cultura!

 Un ano máis o Ceip Monte Baliño celebra por todo o alto a cultura galega e a homenaxe, neste ano 2024 a autora galega Luisa Villalta, atrav...