jueves, 4 de marzo de 2021

Semana de Rosalía

Durante a última semana de Febreiro, estivemos realizando diferentes actividades relacionadas coa figura de Rosalía de Castro, xa que o día 24 de Febreiro se celebra o seu día!

As actividades durante estes días foron moi variadas, sempre tendo como fío conductor traballar e afondar no coñecemento da figura de Rosalía.

 Dende o área de Educación Física e aproveitando o traballo realizado nestes momentos con relación á coordinación óculo-manula, ritmo e percusión corporal, através de poemas de Rosalía musicados ou cancións sobre ela.

O alumnado de quinto e sexto preparou un poema da escritora, na que uns aprenderon a recitar e os outros compañeiros e compañeiras apoiaron con linguaxe de signos.

O alumnado de primeiro e segundo realizou un pequeno libriño, recollida a idea das redes, @amestracris, sobre a vida da autora, ao mesmo tempo que aprenderon un poema e recitárono con moito xeito cunha música de fondo de Carlos Núñez, Os gaiteiros da noite.

E os nosos pequenos e pequenas, adaptaron a Rosalía a situación epidemiolóxica que estamos vivindo, decorando a súa foto, recollida a través de internet, con uns tapabocas moi orixinais.

Aqui vos deixamos un resumo de toda esta semaniña!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...