jueves, 14 de enero de 2021

Concurso de fotografía

 Este ano para celebrar o Día Mundial da Paz e da non Violencia, que se data a 30 de Xaneiro, imos a propoñervos un concurso de fotografía!

Como andades de obxectivos? de cámaras? de ideas e creatividade xa sabemos que ides moi che@s...

A proposta é moi sinxela, todas e todos temos lugares, persoas, momentos, mascotas,...é dicir, cousas que nos fan sentir calma, tranquilidade e PAZ.

Teredes que enviar unha foto na que se plasme iso, algo que para vós sexa VER PAZ!

Enviadelo ao mail da biblioteca que aparece no cartaz, co voso nome e curso, e un TÍTULO para a fotografía!

Con todas elas faremos unha exposición e observaremos moitas posibilidades e circunstancias nas que a PAZ nos rodea e nos enche profundamente!

Ánimo a participar tod@s! 💓

 

como se ve a paz? de Moyla Pekena

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

3ª XORNADA LITERARIA ALIMENTARIA DO CLUBE DE LECTURA "LERÍN LERÁN"

  Este luns 13 de maio, o alumnado do   Clube de lectura Lerín Lerán   de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha n...