viernes, 15 de mayo de 2020

Semana das Letras Galegas

Bos días a todas e todos!
O vindeiro 17 de Maio é o Día das letras Galegas, alguén sabe por que se celebra o día da nosa cultura e do noso idioma nesa data?...
Pois ese día no ano 1863 publícase en Vigo o primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro, "Cantares gallegos", momento moi importante para a nosa fala e a nosa cultura, que rexurdiría de novo.
Cada ano dende 1963, adícase este día a homenaxear a persoas que destacasen na creación literaria no idioma galego ou polo seu compromiso en defensa da nosa lingua.
Este ano, adícase ó autor ferrolá, Ricardo Carvallo Calero.
Aqui vos deixamos un vídeo, para ir coñecendo máis cousas de este escritor galego, que iremos ampliando e traballando durante a vindeira semana.
Apertas dende o bosque!!




Tamén vos deixamos esta bonita composición da cantante Uxía, sobre á lingua galega!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Día do libro 2024

  No Monte Baliño celebramos a semana do libro, con unha chea de propostas que resumimos neste pequeno vídeo. Un día os máis pequenos e pequ...