martes, 21 de mayo de 2019

Sopa Verde - Ed. Infantil




Os nosos nenos e nenas de Educación Infantil, levaban semanas traballando arreo sobre o conto "Sopa Verde", da escritora Angela Madeira.

Un conto fermosísimo que narra a historia dun coello que sólo quere comer alimentos de cor verde...

leitugas verdes,
brócolis verdes,
coles verdes,
chícharos verdes,
espinacas verdes,
alcachofas verdes, 
pementos verdes...


Ata que os seus amig@s, preocupados pola súa alimentación...

Decidiron prepararlle unha rica sopa que aínda que levaba alimentos de tódalas cores....
semellaba que era de cor verde!!



O noso alumnado estivo a investigar como funciona isto da grabación da voz na RADIO e aproveitaron a deleitarnos coas súas grandes poses artísticas diante do Chroma.

Aquí vos deixamos o vídeo que conseguimos montar, despois de moitos esforzos.

Desexamos que o disfrutedes moito!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...