viernes, 8 de marzo de 2019

Viva o entroido!!



Este curso os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Monte Baliño, decidimos deixar os libros por un día e coller os apeiros de labranza para poder recolectar toda clase de froitas da nosa contorna.

Os máis pequenos e pequenas do cole, vestíronse de labregos e labregas e os de primaria, representaron as distintas froitas cos seus disfraces, os cales fomos elaborando na escola durante os días previos.




Unha gran macedonia de froitas chea de laranxas, limóns, sandías, amorodos, kiwis e piñas... desfilou polas rúas de Pantón, acompañada das nosas familias e de moitos curiosos e curiosas que se achegaron ata a Praza.


Pasámolo en grande!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...