jueves, 22 de noviembre de 2018

📖📖 DÍA DA BIBLIOTECA 📖📖

O 24 de Outubro de 2018 celebramos o día da biblioteca no C.E.I.P. Monte Baliño.

Os de Infantil fixeron unha obra de teatro coas personaxes de diferentes contos.

Os nenos-as de 4º  narraron un conto mentres facían uns barquiños de papel.
O conto titulábase "O capitán pirata".
O
s nenos e a nena de 6º fixeron unha obra de teatro sobre dous xemelgos que se chamaba "Alex e Axel"

Os nenos-as de 5º e 6º gravamos unha recomendación lectora (BOOKTUBERS de Outubro) para ensinarlle aos nosos compañeiros.

Tamén organizamos o apadriñamento lector que consiste en que un maior se sente  cun pequeno na hora de ler para que mellore a súa lectura. E repartimos os carnets da  biblioteca aos nenos novos.

Editado por: Blanca González  e Rubén Pedrido. (5°EP)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

FestiBaliño

 Chega a noso FESTIBALIÑO polo día das letras galegas! Quedades todos convidados e convidadas para ver as nosas espectaculares actuacións, q...