O noso alumnado está preparado para todo! Este ano dentro do proxecto competencial de quinro e sexto axudamos a montar mobles, a crear espazos, traballos en equipo, solucionamos problemas e buscamos solucióna con respecro e con diálogo, e deixamos o noso cole precioso!!!
lunes, 22 de abril de 2024
miércoles, 17 de abril de 2024
COSIDO DE CARTEIRAS MULTIFUNCIÓN
As compañeiras e compañeiros de 5º e 6º seguen elaborando cousiñas para recaudar cartos para a excursión, que venderán na feira do pobo próximamente!
Nesta ocasión, adicáronse a elaborar unhas funcionais carteiras de follas de libros vellos e reciclados de diferentes tamaños para gardar todo o que se che ocorra, liberdade de opcións e posibilidades. Fixéronnas mediante a técnica do cosido.
A que vos tenta mercar algunha do bonitas e xeitosas que lles quedaron!!?? Animaivos. Próximamente información da venda!
viernes, 12 de abril de 2024
TROCALIBROS!
Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos!
Para conmemorar o día do libro cada alumno e alumna pode achegar ao cole, antes do 22 de abril, un libro usado e lido, que este en boas condicións, para darlle unha nova vida, intercambiandoo posteriormente con algún outro dos que traian os compañeiros ou compañeiras!
Moitísimas grazas por participar sempre familias, e axudar que actividades deste tipo se poidan levar a cabo!
miércoles, 10 de abril de 2024
Camiño de inverno!
Esta semana o alumnado de infantil e de primeiro e segundo ciclo de primaria tiveron unha visita moi formativa dento dos programas Innova Eduexcelencia.
Convertéronse e camiñantes do Camiño de inverno, decubriron un montón de cousas sobre os peregrinos, os albergues, os camiños, a compostelá, etc…
Ata pasaron por alghuas dificultades de obstáculos cas que se poden atopar ao longo do camiño!
Aqui queda unha pequena escolma!
Formación de radio!
Musicalidade é o título dun libro marabilloso escrito por Noel Turbulencias e ilustrado por Victoria Sánchez, e o noso alumando de quinto e sexto tivo a gran sorte de contar cunha formación a cargo do autor que compaxina esta labor literaria coa de locutor de programas musicais dende fai máis dunha década!
Estiveron falando de música, ritmos, estilos musicais, e despois deixounos de recordo un exemplar de tan preciada obra, na que se recollen diferentes músicos e grupos galegos do panorama actual, mil grazas!
A segunda parte da formación estiveron traballando sobre a sostenibiñidade e o medio ambiente, con xogos e información que fixo reflexionar e cambiar actitudes cara este tema tan importante hoxe en día para nós e o futuro do noso planeta.
Moitas grazas!
Bolsas da nosa terra!
Aquí chega a tendencia desta primavera-verán para gardar cousas, ir a compra, levar un agasallo, etc...
Se queres estar á última e coidar o noso planeta aquí tes a solución feita bolsa!
O alumnado de quinto e sexto coa imprescindible axuda de Íria, deseñou esta fantasía, na que cada palabra da nosa lingua está representada por unha inicial e un debuxo relacionado con ela, un proceso creativo marabilloso e cun resultado estupendo!
Agradecemos a axuda nesta iniciativa que están levando a cabo para recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso, por 6 euros serás a envexa de toda a veciñanza!
jueves, 4 de abril de 2024
ROBÓTICA COS VERBOS
Na aula de PT seguimos a empregar a robótica para aprender xogando. Nesta ocasión para traballar os verbos, xunto con lectura, atención, pensamento computacional...
Comezamos un novo curso!
Benvidas e benvidos a un novo curso, hoxe traemos as nosas mochilas cargadiñas de ilusións, agarimos, respecto e sobretodo de moitas ganas d...
-
CHEGOU O ENTROIDO!!!!!! Ala anda o noso Lerín facendo das súas! Aei que escoitai ben a ver que nos manda traer cada día, este pillabán... A...
-
…o medo é unha emoción que cómpre coñecer, trar e xestionar…co día de Samaín esa sensación medorenta tórnase en momentos de disfraces, de r...









