Durante todo este mes teremos diferentes actividades no noso cole relacionadas coa ciencia, iremos colgando nesta entrada pouco a pouco o resultado das mesmas!
De momento xa temos a nosa estantería temática, chea de libros e enciclopedoias relacinodas coa ciencia, experimentos, física, investigación, curiosidades da natureza, etc...
As actividades no cesaron, antes, durante e despois, seguimos celebrando o día do medo que tanto nos gusta!
En primeiro lugar das as grazas a todas as familias que como sempre participan e crean xunto cas crianzas unha chea de actividades que se propoñen dende a nosa biblio, menudas guaridas de mosntros fixeron desta volta...non se sabe cal é a mellor!
Durante esa semana tamén cociñamos, pesamos, amasamos e fixemos galletas medorentas, podedes ver as receitas e todo o proceso no blog do aliméntante ben!
Decoramos todo o cole, cada unha das aulas converteuse nunha entrada horripilante, na que todas as crianzas e mestr@s participamos, podedes ver o resultado nos vídeos!
Tamén creamos uns fantasmiñas coa nosa impresora 3D, despois cada alumno e alumna, pintouno da cor que lle suxire o medo, relacionado co traballo que estamos levando a cabo este ano, chamado "Un monte de emocións", así que o mércores todas e todos nos fomos co noso fantasma medorento, decorado por nós!
Como nos gusta moito a farándula, covertemos o alumnado en actores e actrices, músicas e músicos, e durante unha seseión, deleitáronos con creacións moi variadas relacionadas coa data de Samaín, foi xenial!
Xa por último, o mércores tod@s viñemos ao cole cas nosas galas máis terribles e fantasmagóricas, e coma sempre tiñamos un montón de xogos e actividades que fixeron deste día, outro ano máis, un día moi especial no Monte Baliño!