jueves, 26 de septiembre de 2024

Coñecendo a nosa biblio.

 Os nosos e as nosas biblioaxudantes non paran! Teñen tantas ganas de abrir a biblio que aqui voa deixaron un vídeo creado por el@s onde vos explican como facer o préstamo de libro, como coidalos, os xogos e o seu mantemento, as mochilas viaxeiras, etc…

Aqui vos deixo a súa creación!




miércoles, 25 de septiembre de 2024

Carnets novos e mochilas!

 Xa temos todo listo para arrancar!

Esta semana estivemos preparando os carnets para o novo alumnado e montando o material das mochilas viaxeiras!

Asi que en breve isto comeza a rodar!!!

3, 2 e 1…….!!!




lunes, 23 de septiembre de 2024

Empezamos un novo curso!

Un ano máis Biblio Baliño abre as súas portas!

Este ano a carta de benvida chega en formato dixital, xa que consideramos que o aforro de papel, luz e tinta é unha máxima no noso cole!

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición!

 Biblio Baliño abrirá as súas portas o 1 de Outubro, aqui vos esperamos entre libros e xogos!


Biblioteca de familias!

Dende Biblio baliño preparamos esta pequena presentación, na que podedes ver os títulos que temos dispoñibles na nosa biblioteca de familias!

O préstamo farase utilizando o número do alumno ou alumna escolarizado no centro.

Existen dúas posibilidades, que o título que interesa veña escrito na axenda ou     que veñades os martes en horario de 15:45 -17:30 a nosa biblio, para facelo en persoa.

Animádevos tamén a fecerno suxerencias de posibles títulos que poidan ampliar os nosos recursos!!

 


Presentación Diapositivas Libros y Lectura Vintage Antigua Marrón de CEIP Monte Baliño

jueves, 12 de septiembre de 2024

Benvido novo curso!







 Un ano máis volvemos con toda a ilusión e ganas do mundo!

Este curso arrancamos con cores e moitas emocións!

O noso PDI “Un Monte de emocións”guiará toda a nosa práctica educatica e vida no cole!

Estamos felices de comezar un curso novo, e aqui vos deixamos unhas poucas imaxes de como recibimos as crianzas o primeiro día de escola!


Ole, ole, ole, de CEIP Monte Baliño

Coñecendo a nosa biblio.

  Os nosos e as nosas biblioaxudantes non paran! Teñen tantas ganas de abrir a biblio que aqui voa deixaron un vídeo creado por el@s onde vo...