miércoles, 17 de noviembre de 2021

Cricuítos eléctricos💡🔌

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto recibiron unha clase moi especial na biblio!

Aproveitando o mes da ciencia en galego, organizamos unha actividade de tecnoloxía, na que os peques e as peques montaron un circuíto en papel.

Aprendemos a observar as baterías e o seu funcionamento, os diferentes tipos de materiais conductores, coma o cobre, os polos que existen nas pilas, comprendendo as diferenzas na súa posición necesarias para a correcta conexión e transmisión de enerxía e por último cada alumno e alumna crearon o seu propio circuíto con debuxo incluído!

Grazas a formación recibida por parte de Paola Guimeráns, unha auténtica artista neste mundo steam!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

TROCALIBROS!

  Repetimos este ano unha actividade que o pasado curso deunos moitas alegrías e descubríunos mundos novos! Para conmemorar o día do libro c...